Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

Fotografías GRADUACIÓN 2ºBAC PROMOCIÓN 2018

Xa temos o enlace á galería de fotos, enviado por Enrique Blanco, o fotógrafo do acto de graduación de 2ºBAC

https://drive.google.com/drive/folders/1_nWdgpObbBk8g1JWLWntYmBNAFZoIb3u?usp=sharing

 

CONCERTO FIN DE CURSO 2018

 

O día 22 de maio, o Departamento de Música organizou, como xa é tradicional, o Concerto de Fin de Curso, que protagonizaron alumnos do centro dirixidos polo seu profesor Julián Jesús Pérez.

A actividade, coma sempre, foi un rotundo éxito, acollida con verdadeiro entusiasmo polo público asistente.

PARABÉNS!!!

Premendo no cartel pódese acceder ao programa, e premendo na imaxe, ao álbum no que iremos engadindo fotos durante estes días.

GRADUACIÓN 2ºBAC PROMOCIÓN 2018

O pasado 18 de maio celebrouse no Hotel Finisterre o acto de graduación dos nosos alumnos de 2ºBAC.  Pódese acceder á nota de prensa premendo na imaxe.

PARABÉNS RAPACES!!!

TALLER ONDAS DE RADIO MAIO 2018

O luns 14 de maio o departamento de Tecnoloxía organizou un taller sobre emisión e recepción de ondas de radio ao que asistiron alumnos de 2º da ESO. O taller foi impartido por membros da "Unión de Radioaficionados de España"

Preme en calquera imaxe para acceder ao álbum de fotos.

XXIII DÍA da CIENCIA na RÚA 2018 - FOTOS

  
Xa temos fotografías do alumnado de 2º ESO no XXIII Día da Ciencia na Rúa. Preme nas imaxes para acceder ao álbum de fotos

ENTREVISTA RADIO VOZ

 

Hoxe, 8 de maio de 2018, foron entrevistados en Radio Voz, unha representación dos alumnos gañadores do concurso "Matemáticas na Raia", Nerea Vilariño, e dos que presentaron unha radio no Día da Ciencia na Rúa o pasado sábado, Carlota Anguera, Andrés Fernández, Javier Cortegoso e Lucía González. Acompañados polos seus profesores Tamara Fernández, José Luis Naveira e José Carlos Alonso. 

Pódese acceder á entrevista, ás fotos e á nota de prensa, a través dos respectivos links en vermello:

ENTREVISTA FOTOS
NOTA DE PRENSA

 

 

Gañadores Matemáticas na Raia 2018

Os alumnos de 3ºESO-B resultaron gañadores do IV Concurso Matemáticas na Raia.

Nesta edición, realizaron a proba máis de 400 alumnos galegos, resolvendo entre todos os da aula 5 problemas. O premio é unha fin de semana lúdico-matemático para toda a aula en Esposende- Portugal. 

PARABÉNS AOS GAÑADORES E A SÚA PROFESORA TAMARA FERNÁNDEZ!!

CONCERTO CONMEMORACIÓN DA FESTA DA EDUCACIÓN MUSICAL

O concerto de alumnos celebrado o pasado sábado 28 de abril na Igrexa parroquial de Santiago, e dirixido polo seu profesor Julián Jesús Pérez, con motivo da conmemoración da Festa da Educación Musical, foi un rotundo éxito.

Parabéns aos nosos artistas, alumnos e profesor!!

Pulsando na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos

Mesas redondas de científicos 2018

    

Os alumnos e alumnas de Bioloxía de 4ºESO asistiron o pasado xoves 26 de Abril a unha xornada de mesas redondas. Nelas falaron con catro científicos sobre distintas carreiras e FPs, e aproximáronse ao mundo da investigación, o emprendemento e as oposicións.

Preme nas imaxes para ver máis fotos

XXIII DÍA da CIENCIA na RÚA 2018

 

O alumnado de 2º ESO do IESEBA participa no XXIII Día da Ciencia na Rúa con unha mostra de proxectos tecnolóxicos realizados por eles. Quen decida achegarse ao noso expositor poderá gozar de maquetas funcionais que aproveitan a enerxía eléctrica para diversas aplicacións. Recréanse grandes inventos da historia como a lámpada de Edison, un motor de corrente.

Estarán acompañados polos seus profesores, Juan Luis Naveira e Teresa Liz.

 

Premendo na imaxe pódese acceder ao folleto con información de tódolos centros participantes. Nós somos o centro número 34

 
Distribuir contenido