Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

VISITA MUSEO BELAS ARTES CORUÑA

Este martes 12 de febreiro de 2019, foron os alumnos de 4ºESO-C, 4ºESO-D e 4ºESO-E, os que visitaron o museo de Belas Artes, actividade organizada pola sua profesora Flor Blanco, que tamén foi acompañada por Sylvia Cea e Miguel Ángel Fernández.

Para ver máis fotos, premer na imaxe.

   
      

VISITA MUSEO BELAS ARTES CORUÑA e COCIÑA ECONÓMICA

O martes 5 de febreiro de 2019, os alumnos de 4ºESO-A e 4ºESO-B visitaron a cociña económica e o museo de Belas Artes, actividade organizada pola sua profesora Flor Blanco, que tamén foi acompañada por Ana Vidal e José Manuel Pan.

Para ver máis fotos, premer na imaxe.

   
      

CHARLA ASOTRAME

 
 

Elena e Raul, da Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea, Asotrame, estiveron o pasado 25 de xaneiro de 2019 no noso centro para dar unha charla de sensibilización co alumnado de 2ºESO dentro do programa “Reflexos de Vida”

Asotrame nace no ano 2.013, cando un grupo de persoas que sufriron algún tipo de cancro hematolóxico, ou familiares dalgunha persoa que o sufríu, ven a necesidade de crear algo que non hai, unha asociación de persoas transplantadas de medula ósea que sirva de apoio para todas as persoas que se ven afectadas por esta enfermidade.

Os obxectivos de Asotrame son informar e sensibilizar ao conxunto da poboación en todo o relacionado coa doazón de medula ósea, proporcionar información, asesoramento e soporte emocional a pacientes de cancro hematolóxico e ós seus familiares, e colaborar en proxectos de investigación acerca do cancro hematolóxico.

CONCERTOS DE NADAL 2018

 

PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER AO PROGRAMA

e neste LINK para ver a reseña no Diario Lírico

   

CONCERTOS DE NADAL 2018

 

Grupo Vocal e Instrumental “Diazeuxis” 

do IES “E. Blanco Amor” de Culleredo

 

Director: Julián Jesús Pérez

 

Conservatorio Municipal, Culleredo

Salón de Actos “Gustav Mahler”

Venres, 21 de decembro de 2018, 12:15 h.

 

Igrexa Parroquial de Santiago, A Coruña

Sábado, 22 de decembro de 2018, 18:00 h.

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

 

Os alumnos do IES EBA organizaron unha recollida de alimentos non perecedoiros que a Cruz Vermella repartirá entre as familias con menos recursos do concello de Culleredo e limítrofes.

 

       

PRIMEIRA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

O pasado luns tivo lugar a primeira reunión do Club de Lectura do IESEBA, coordinado pola profesora de Lingua Castelá e Literatura Raquel Parada.

Acordaron convocar un concurso de logos para elixir a imaxe do Club. Nel poderá participar todo o alumnado do Instituto. Proximamente publicaranse as bases. Ide pensando ideas!

Ademais de elaborar os grupos e elixir os responsables, decidiron comezar coa lectura de “El niño con el pijama de rayas” de Jonh Boyne, sobre o que charlarán o luns 19 de novembro. Dinnos que o pasaron fenomenal e que xa esperan ansiosos a nova reunión!

Parabéns a todos os participantes por este principio tan satisfactorio.

       

    

CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN DE LECTURA

NON LES? SEICA TES MEDO?

NA BIBLIOTECA TEMOS UNHA SELECCIÓN DE LIBROS "DE MEDO" PARA PASAR ESTA PONTE.

O IESEBA acada o 1º premio do concurso "Inventa en Galego con AppInventor"

Os alumnos Andrés Pérez e Samuel Uxío Rodríguez, coordinados polo seu profesor Ángel Acción, acadaron o primeiro premio na cuarta edición do certame Inventa en galego. 

Pódese acceder dende aquí á nota de prensa de La Opinión  

CALENDARIO ACTIVIDADES día 21 de XUÑO 2018

Pódese consultar AQUÍ o calendario de actividades previstas para o 21 de xuño

Concerto conmemorativo do "DÍA EUROPEO DE LA MÚSICA" 2018

O vindeiro xoves 21 de xuño, ás 18:00 h. na Igrexa de Santiago do Burgo celebrarase un concerto conmemorativo do "DÍA EUROPEO DE LA MÚSICA"

Protagonizado por grupos de alumnos do centro e dirixidos polo seu profesor Julián Jesús Pérez.

Dende aquí se pode acceder ao CARTEL e ao PROGRAMA

Distribuir contenido