Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

“IV Open Science”

   

O pasado domingo 19 de setembro, con gran éxito de público, o Club de Ciencia do IES EBA presentou, na “IV Open Science” de Cambre o proxecto “Sinten as plantas?”. Grazas polo voso traballo!!

GAÑADORES Concurso de ESOPÍAS 2021

 Todas as Esopías premiadas están AQUÍ, no Blog da Biblioteca.

GAÑADORES concursos CAMISETAS e TIK TOK GAL 2021

Estes son os gañadores dos concursos FAI A TÚA CAMISETA e TIK TOK GAL. Pódense ver os traballos premiados AQUÍ, no blog DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

FAI A TÚA CAMISETA     
1ª categoría:

1º premio: Brais Pardellas Gómez (1ºESO C)

2º premio: Luana Payero Amalric (2ºESO C)

2ª categoría:

1º premio: Brais Berjano Rumbo (3ºESO A)

2º premio: Gabriela Vázquez Iglesias (3ºESO C)

TIK TOK GAL               
1ª categoría: Sandra Abeledo Ulla (2ºESO B)
2ª categoría: Pablo Estraviz Freire (3ºESO D)

GAÑADORES concurso HAIKUS e HAIGAS 8M 2021

Sara Iglesias Benlloch

1º ESO D

Mateo Orozco Vilar 

3º ESO E

Andrea da Lama Cidre 

1º BAC D

Premio Mil Primaveras ao noso Plan de desconfinamento da lingua galega

   

“Que hai máis innovador que adaptarse ás circunstancias da pandemia?”. Con esa frase comeza o argumentario do xurado que nos concedeu o Premio Mil Primaveras da CTNL ao proxecto máis innovador de fomento do galego. Foi polo noso Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega posto en marcha o curso pasado durante os meses que tivemos que estar pechados nas casas.

Para falar deste proxecto, o ideador do mesmo, Nel Vidal, xunto con tres alumnas de 1º de Bacharelato, Adriana, Noelia e María, foron entrevistados na Radio Galega, entrevista que se pode escoitar aquí: O plan de desescalada aplicado á lingua: premiadas por desconfinar o galego

Tamén La Opinión de A Coruña publicou a seguinte noticia: “Un proxecto do instituto Blanco Amor gaña un premio de normalización lingüística

 

Estamos realmente orgullosos de todos os participantes e colaboradores, tanto profesorado como alumnado, departamento de Lingua e Literatura Galega, equipo de Dinamización, e especialmente do seu creador, Nel Vidal.

Parabéns!!!

Club de Ciencia 2020-2021

O alumnado de 1º da ESO do Club de Ciencia do presente curso continúa desenvolvendo as súas investigacións sobre factores que inflúen na xerminación de legumes, así como realizando diversos experimentos de laboratorio coa fin de coñecer mellor o reino das plantas.

 

Premer nas imaxes para acceder a máis fotos

Charlas Orientación Académico-Profesional.

 

 
  Os alumnos de 2º de Bacharelato recibiron charlas de Orientación Académico-Profesional a cargo de responsables da USC da UVigo e do especialista do EOE de Orientación Vocacional e Profesional que explicou o acceso e a oferta en FP. Gracias a todos pola súa colaboración con nós.

Día da Muller e Nena na Ciencia 2021

 

As alumnas/os de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron o 8 de febreiro a unhas videoconferencias organizadas para centros educativos de toda España pola asociaicón Aseica (Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer) tituladas Coñéceas! para celebrar a semana do "Día da Muller e Nena na Ciencia".

As "Detectivas do cancro" que acercaron ao noso alumnado o seu traballo como investigadoras e aclararon a situación na que se atopa a muller investigadora en España, foron María de la Fuente  investigadora do IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago) e Mónica Martínez investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur). As videoconferencias foron seguidas con gran interese e participación polo noso alumnado e resultaron moi moitivadoras. 

Grazas pola vosa participación!

 Premer na imaxe para acceder a máis fotos

 

ENTROIDO 2021

 

Os Bolechas...

 

...e todo o demáis

SAN VALENTÍN 2021

 
    
PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR
Distribuir contenido