Evitar navegación.
Principal

Día da Muller e Nena na Ciencia 2021

 

As alumnas/os de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron o 8 de febreiro a unhas videoconferencias organizadas para centros educativos de toda España pola asociaicón Aseica (Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer) tituladas Coñéceas! para celebrar a semana do "Día da Muller e Nena na Ciencia".

As "Detectivas do cancro" que acercaron ao noso alumnado o seu traballo como investigadoras e aclararon a situación na que se atopa a muller investigadora en España, foron María de la Fuente  investigadora do IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago) e Mónica Martínez investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur). As videoconferencias foron seguidas con gran interese e participación polo noso alumnado e resultaron moi moitivadoras. 

Grazas pola vosa participación!

 Premer na imaxe para acceder a máis fotos