Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

TEATRALÍZATE 2022 - ALMA DE TIGRE

A pasada semana, o mércores 30 e xoves 31 de marzo, e o venres 1 de abril, o alumnado de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBAC asistiron á representación de Alma de Tigre, a última obra da Compañía Elefante Elegante, no Salón de actos do edificio de servizos múltiples de O Burgo.

Ao remate de cada actuación houbo un animado coloquio cos protagonistas e o director da obra.

Esta actividade foi gratuíta, costeada íntegramente polo concello, dentro do programa TEATRALÍZATE 2022. O alumnado desprazouse a pé acompañado por profesorado do centro e coa colaboración de a policía local.

Unha experiencia marabillosa!!

Facendo clic na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos

Lo fingido verdadero. Teatro Rosalía de Castro 2022

O pasado venres, 1 de abril, un grupo do alumnado de primeiro de bacharelato, asistiu á representación de Lo fingido verdadero, de Lope de Vega, no teatro Rosalía de Castro da Coruña. A obra forma parte da programación da prestixiosa Compañía Nacional de Teatro Clásico (CNTC)  dirixida por Lluis Homar.

Podes saber máis no Blog de Biblioeba

Exposición e charla "Galegos en Mauthausen"

 

Onte, 4 de abril de 2022, a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática inauguramos, no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo, a nosa exposición fotográfica “Galegos en Mauthausen” (Fotos: Bea Rascado), cunha charla explicativa a cargo do Secretario da Asociación e Historiador Enrique Barrera Beitia.

M.H.D. quere agradecer á Dirección, Profesorado e Alumnado do Centro a súa entrañable acollida e interese por tema tan importante no eido da Recuperación da Memoria.
E aproveitan para lembrar que están a disposición daqueles Centros de Ensino que queran recibir as súas Exposicións: a citada, e “A fuxida do Bou Ramón” referente ao vapor que saíu de Ares con 27 republicanos cara a Francia en 1939, ou tratar calquera tema relativo á Memoria.


Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos

SEMAINE DE LA FRANCOPHONIE 2022

 
 
 
 
 
 
 
O 20 de marzo celebrouse en todo o mundo e tamén no IESEBA o día da Francofonía.
Nas clases falamos da importancia internacional desta lingua e da gran cantidade de lugares nos que se fala. Arredor de 300 millóns de personas coas que podemos interactuar grazas ao coñecemento da lingua francesa.
E como a música tamén é cultura e a través dela podemos aprender, durante as pausas escoitamos algunhas das cancións en francés máis actuais. Aquí tedes a música desa semana con links para que a poidades escoitar. 

Roteiro Ría do Burgo

O pasado 17 de marzo de 2022 o profesorado do IESEBA organizou co alumnado  de 1º de ESO un roteiro educativo pola ría de O Burgo, facendo simultaneamente actividades de Xeografía e Historia, Educación Física, Plástica, Inglés, Bioloxia,... iniciando así un proxecto de achegamento multidisciplunar ao seu entorno.

Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos, e dende AQUÍ ao artículo publicado en La Opinión de A Coruña.

Obradoiro "Mapas divertidos"

 

O pasado venres 18 de marzo de 2022, os  alumnos de 1º de ESO da materia de Xeografía e Historia participaron no obradoiro "Mapas divertidos"

Un xeito ameno de descubrir as distintas aplicacións da cartografía.

 

 

Premendo na imaxe pódense ver máis fotos.

Campaña “S.O.S. UCRANIA”

 

 

O alumnado do IESEBA

en colaboración coa Biblioteca

organiza unha campaña de recollida de donacións que O Banco de Alimentos Rías Altas (en colaboración con ACA-Ucraína) achegará a Ucraína.

Se queredes colaborar podedes achegarvos e depositar na entrada do centro

ata o 30 DE MARZO

algún dos seguintes produtos:

LEITE INFANTIL (EN POLVO)

COMIDA PREPARADA EN LATA

MATERIAL SANITARIO PARA CURAS DE URXENCIA:(betadine, gasas,...)

Día da Poesía 2022 - Visita Pilar Pallarés

O 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, recibimos no IES EBA a Pilar Pallarés. A poeta de Culleredo, que en 2019 recibiu o Premio Nacional de Poesía pola obra Tempo fósil, agasallounos co recitado dunha escolma poética e permitiunos coñecer moitos datos interesantes sobre a súa escrita. Ficamos moi agradecidos á autora por ternos dedicado parte do seu tempo.

Preme na imaxe para ver as fotos

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2022

 

Co gallo do DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, o pasado venres 11 de febreiro, o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e 1ª Bacharelato, asistiron á conferencia da investigadora do INIBIC Soraya Rumbo Feal de título  "Técnicas de investigación microbiana".

Esperamos que o exemplo de Soraya serva de inspiración especialmente ás nosas alumnas. 

Premer na imaxe para acceder a máis fotos

 

Distribuir contenido