Evitar navegación.
Principal

Día da Poesía 2022 - Visita Pilar Pallarés

O 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, recibimos no IES EBA a Pilar Pallarés. A poeta de Culleredo, que en 2019 recibiu o Premio Nacional de Poesía pola obra Tempo fósil, agasallounos co recitado dunha escolma poética e permitiunos coñecer moitos datos interesantes sobre a súa escrita. Ficamos moi agradecidos á autora por ternos dedicado parte do seu tempo.

Preme na imaxe para ver as fotos