Evitar navegación.
Principal

Exposición e charla "Galegos en Mauthausen"

 

Onte, 4 de abril de 2022, a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática inauguramos, no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo, a nosa exposición fotográfica “Galegos en Mauthausen” (Fotos: Bea Rascado), cunha charla explicativa a cargo do Secretario da Asociación e Historiador Enrique Barrera Beitia.

M.H.D. quere agradecer á Dirección, Profesorado e Alumnado do Centro a súa entrañable acollida e interese por tema tan importante no eido da Recuperación da Memoria.
E aproveitan para lembrar que están a disposición daqueles Centros de Ensino que queran recibir as súas Exposicións: a citada, e “A fuxida do Bou Ramón” referente ao vapor que saíu de Ares con 27 republicanos cara a Francia en 1939, ou tratar calquera tema relativo á Memoria.


Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos