Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS

Outro ano máis moito do noso alumnado participou como voluntario na Gran recollida de Alimentos nos supermercados con destino ao Banco de Alimentos Rías Altas. Previamente, o 21 de novembro, asistiron no noso centro a unha charla a cargo do responsable do Banco de Alimentos Rías Atas da Coruña. E ao longo do mes de decembro colaboraron na recollidade alimentos que se organizou no instituto.

Orgullosos deles!

TEMOS TODAS AS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "CHARLA BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS 2022"  e álbum "COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS"

Taller "DI K NON"

A través do programa de prevención de drogas "DI K NON" en colaboración coa UTE (unidad terapéutica educativa) do cárcere de Teixeiro e a Fundación Barrié, o alumnado de 3ºESO-B da materia de Proxecto Competencial, despois dun primeiro encontro no noso centro o día 13 de decembro, no que nos agasallaron cunha representación teatral, foron os que visitaron o día 15 de decembro, o seu módulo no centro penitenciario de Teixeiro e se achegaron ao seu día a día, á súa rehabilitación, e ás súas historias vitais co obxectivo de evitar o consumo de drogas entre os nosos rapaces.

TEMOS TODAS AS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "DI K NON" colaboración UTE cárcere Teixeiro e Fundación Barrié"

Tamén se pode acceder premendo nas imaxes.

CHARLAS 4º ESO AESLEME e COSMETOLOXÍA DENTAL

No mes de decembro de 2022 o alumnado de 4ºESO, recibiu unha charla a cargo da asociación AESLEME sobre prevención de accidentes de tráfico e outra a cargo de uhna exalumna do centro sobre Cosmetoloxia Dental.

TEMOS MÁIS IMAXES, NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "CHARLAS 4ºESO AESLEME e COSMETOLOXÍA DENTAL decembro 2022"

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo

O 12 de decembro rematamos a rolda de prensa levada a cabo por todo o alumnado de 1°ESO no Centro de día. Parabéns ao todos os grupos polo seu traballo. Finalizamos a actividade coa entrega de postais navideñas feitas polos 5 grupos e adicadas por eles. Moitas grazas pola colaboración de todos os participantes que fixeron posible esta actividade.

TEMOS TODAS AS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"

Tamén se pode acceder premendo nas imaxes.

SEGUIREMOS ENGADINDO MÁIS NAS PRÓXIMAS VISITAS

DO IES Á NATUREZA !!

O 18 de Outubro o alumnado de 4º ESO saímos á natureza, un gran traballo interdisciplinar entre o profesorado, agradecendo o "programa para unha transición ecolóxica" do CEIDA. Realizamos un percorrido de senderismo no espazo natural das Fragas do Eume, onde tivemos unhas imaxes espectaculares grazas as cores de outono e rematando cunha visita guiada ao Medieval Mosteiro de Caaveiro.

Aprendemos a gozar do sendeirismo xuntos e con seguridade!!

RECREOS ACTIVOS

Unha oportunidade para movernos, gozar coas compañeiras e compañeiros, e ao mesmo tempo coidando da nosa saúde.

Comezamos cos RECREOS ACTIVOS no mes de OUTUBRO, onde animamos a participar a todo alumnado, co obxectivo de aumentar práctica deportiva neste tempo. Os deportes practicados teñen unha proposta para o segundo trimestre as ¡¡LIGAS INTERNAS!!  deste curso 2022/2023. Os espazos que habilitamos son; pavillón cuberto para a práctica do voleibol,  pista exterior para fútbol e baloncesto, zonas alternativas no patio e tamén a zona para a práctica do tenis de mesa, ademais este ano presentamos o novo xoguete futbolín (alternativa moi adaptable para o alumnado lesionado, exento de parte práctica ...)

Agradecer a colaboración do profesorado e alumnado que fai posible a organización. 

XORNADAS DE CONVIVENCIA

O luns 19 de Setembro, co inicio de curso, tivemos unha xornada de convivencia, todo o alumnado de 1º de ESO, acompañados polos titores e profesores/as colaboradores/as. Na cal gozamos dun gran día, grazas as diferentes actividades deportivas propostas ¡O DEPORTE  COMO AXENTE SOCIALIZADOR!

IESEBA 25N 2022. Non é amor

 

Como todos os anos o IES Eduardo Blanco Amor conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro).

No seguinte vídeo podedes ver o que imos facer.

 

Anímate e participa!

Distribuir contenido