RESEÑAS actividades
Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo: Xogando ao bingo e charlando sobre o lecer na súa mocidade cos nosos maiores
Ver esta publicación en Instagram
CHARLA DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL
O luns 13 de marzo en referencia ao 8M, viñeron ao centro deportistas de alto nivel, Helena Roca e Vanesa Rial ex-internacionais de Rugby, con un inmenso palmarés deportivo. Charla que levou a cabo temas como a IGUALDADE E OS VALORES DO DEPORTE. E finalmente puidemos realizar preguntas e saber un pouco máis destas grandes deportistas.
Moitas grazas por acompañarnos en unha gran xornada no IESEBA!!
2ª FORMACIÓN DE ÁRBITROS CO ALUMNADO 1º E 2º ESO
O martes 14 de marzo tamén chegou a tan esperada 2ª formación para nós, alumnado de 1º e 2º ESO, nesta destacamos outra vez a presenza de RUBÉN EIRIZ e neste caso contamos con DIEGO SÁNCHEZ ROJO actualmente árbitro asistente Internacional FIFA e de 1ª DIVISIÓN, ademais este ano foi premiado como o mellor asistente de 1ª División, destacamos os partidos de Champions League e Europa League, finalizando esta presentación en que o ano pasado estivo na final da Copa do Rey.
Nesta sesión tamén nos acompañaron dende o Concello de Culleredo que sen eles isto non podería saír adiante.
Moitas grazas a todos/as por facer que IES EBA sexa un centro de formación para moitos/as de nós!!
2ª FORMACIÓN DE ÁRBITR@S CO ALUMNADO DE 3º E 4º ESO
O xoves 19 de marzo chegou a segunda xornada da formación de árbitros, destacamos a presenza de RUBÉN EIRIZ do Comité de Árbitros de Galicia, varias tempadas árbitro de Segunda B e A, ex árbitro internacional e Mundialista de Fútbol Praia, acompañado de EUGENIA GIL árbitra profesional de primeira división femenino, ademais foi subcampiona de España dos 400 metros lisos.
Puidemos desfrutar dunha gran xornada con eles, aprendizaxe que levamos á liga interna de fútbol sala do IESEBA. Ademais fomos agasallados con unha camiseta, silvatos e as tarxetas oficiais para poder embarcarnos neste inicio de aventura de cara ao arbitraxe. Debemos de destacar tamén a presenza e colaboración do CONCELLO DE CULLEREDO para que isto fora posible.
Moitas grazas pola vosa profesionalidade e por darnos o voso tempo para vir a impartir a formación ao IESEBA!
Creación do vídeo a Martín de prensa de Culleredo!
Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Portazgo
Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo
ACTO SOLIDARIO PROXECTO BUBISHER 2023
O próximo venres 21 de abril ás 18:30 o IES Eduardo Blanco Amor levará ao cabo un acto solidario no Auditorio do Conservatorio de Música de Culleredo no que actuará alumnado do centro. A entrada costará 3 € e a recadación será para o proxecto Bubisher. Os Bubishers son unha rede de bibliotecas e bibliobuses creados para os refuxiados Saharauís dos arredores de Tinduf-Arxelia. Este proxecto iniciado en 2008 pretende garantir o acceso á cultura e ao coñecemento dos refuxiados Saharuís. Podedes atopar máis información en http://www.bubisher.org/ |
ENTROIDO NO IESEBA
O venres 17 de febreiro celebramos “O ENTROIDO”, como cada ano temos unha temática de referencia e neste 2023 “PELÍCULAS DO 1998”.
Cada grupo de forma voluntaria participou na coreografía elixida, neste caso grazas a un traballo interdisciplinar que se realizaba dende as sesións de titoría e se levou a outras áreas.
Neste evento traballamos contidos de ritmo, coordinación, movemento corporal e expresivo, os cales teñen unha relación directa para a MELLORA DA SAÚDE, incidindo no benestar da saúde emocional das persoas. Incluso si miramos outras fontes como a psicoloxía, atopamos técnicas terapéuticas activas nas que utilizan a linguaxe corporal e o movemento como parte importante do tratamento.
As imaxes adxuntas mostran un traballo coreográfico por grupos de alumnado e por profesorado. Polo que agradacemos ao conxunto tanto de alumnos/as como docente que participaron na organización do evento para que isto saíra adiante. Moitas grazas a todos!!