Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

PRIMEIRA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

O pasado luns tivo lugar a primeira reunión do Club de Lectura do IESEBA, coordinado pola profesora de Lingua Castelá e Literatura Raquel Parada.

Acordaron convocar un concurso de logos para elixir a imaxe do Club. Nel poderá participar todo o alumnado do Instituto. Proximamente publicaranse as bases. Ide pensando ideas!

Ademais de elaborar os grupos e elixir os responsables, decidiron comezar coa lectura de “El niño con el pijama de rayas” de Jonh Boyne, sobre o que charlarán o luns 19 de novembro. Dinnos que o pasaron fenomenal e que xa esperan ansiosos a nova reunión!

Parabéns a todos os participantes por este principio tan satisfactorio.

       

    

CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN DE LECTURA

NON LES? SEICA TES MEDO?

NA BIBLIOTECA TEMOS UNHA SELECCIÓN DE LIBROS "DE MEDO" PARA PASAR ESTA PONTE.

O IESEBA acada o 1º premio do concuro "Inventa en Galego con AppInventor"

Os alumnos Andrés Pérez e Samuel Uxío Rodríguez, coordinados polo seu profesor Ángel Acción, acadaron o primeiro premio na cuarta edición do certame Inventa en galego. 

Pódese acceder dende aquí á nota de prensa de La Opinión  

CALENDARIO ACTIVIDADES día 21 de XUÑO 2018

Pódese consultar AQUÍ o calendario de actividades previstas para o 21 de xuño

Concerto conmemorativo do "DÍA EUROPEO DE LA MÚSICA" 2018

O vindeiro xoves 21 de xuño, ás 18:00 h. na Igrexa de Santiago do Burgo celebrarase un concerto conmemorativo do "DÍA EUROPEO DE LA MÚSICA"

Protagonizado por grupos de alumnos do centro e dirixidos polo seu profesor Julián Jesús Pérez.

Dende aquí se pode acceder ao CARTEL e ao PROGRAMA

Fotografías GRADUACIÓN 2ºBAC PROMOCIÓN 2018

Xa temos o enlace á galería de fotos, enviado por Enrique Blanco, o fotógrafo do acto de graduación de 2ºBAC

https://drive.google.com/drive/folders/1_nWdgpObbBk8g1JWLWntYmBNAFZoIb3u?usp=sharing

 

CONCERTO FIN DE CURSO 2018

 

O día 22 de maio, o Departamento de Música organizou, como xa é tradicional, o Concerto de Fin de Curso, que protagonizaron alumnos do centro dirixidos polo seu profesor Julián Jesús Pérez.

A actividade, coma sempre, foi un rotundo éxito, acollida con verdadeiro entusiasmo polo público asistente.

PARABÉNS!!!

Premendo no cartel pódese acceder ao programa, e premendo na imaxe, ao álbum no que iremos engadindo fotos durante estes días.

GRADUACIÓN 2ºBAC PROMOCIÓN 2018

O pasado 18 de maio celebrouse no Hotel Finisterre o acto de graduación dos nosos alumnos de 2ºBAC.  Pódese acceder á nota de prensa premendo na imaxe.

PARABÉNS RAPACES!!!

TALLER ONDAS DE RADIO MAIO 2018

O luns 14 de maio o departamento de Tecnoloxía organizou un taller sobre emisión e recepción de ondas de radio ao que asistiron alumnos de 2º da ESO. O taller foi impartido por membros da "Unión de Radioaficionados de España"

Preme en calquera imaxe para acceder ao álbum de fotos.

XXIII DÍA da CIENCIA na RÚA 2018 - FOTOS

  
Xa temos fotografías do alumnado de 2º ESO no XXIII Día da Ciencia na Rúa. Preme nas imaxes para acceder ao álbum de fotos
Distribuir contenido