Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

FORMACIÓN DE ÁRBITROS ALUMANDO 3º E 4º DE ESO

O VENRES 10 DE FEBREIRO tocou ao alumando de 3º e 4º ESO voluntarios á formación arbitral, neste caso de gran acollida para nós e seguir formándonos. Unha gran oportunidade que nos ofrece tanto RUBÉN EIRIZ pertencente ao Comité de Árbitros de Galicia e xunto coa colaboración do Concello de Culleredo.

Foi unha gran sesión de aprendizaxe para todos/as que estamos participando co obxectivo de mellorar como persoas e deportistas nestas prácticas. O cal nos leva a realizar prácticas na liga interna que está realizando o grupo de 1º e 2º ESO nos recreos.

E esperando con emoción pola 2º FORMACIÓN ARBITRAL DE FÚTBOL!!!!

 

1ª FORMACIÓN DE ÁRBITROS 1º E 2º ESO

1ª FORMACIÓN DE ÁRBITROS VENRES 3 DE FEBREIRO – O alumnado de 1º e 2º ESO temos a gran oportunidade dunha formación para mellorar tanto a práctica como a organización nas ligas internas (alumnado participante de forma voluntaria). Neste caso contamos con unha persoa de gran escala para a formación, RUBÉN EIRIZ pertencente ao Comité de Árbitros de Galicia e xunto coa colaboración do Concello de Culleredo fan posible esta actividade.

Obxectivo clave: O/a árbitro/a é unha figura presente na gran variedade de deportes que se encarga de presidir o xogo e facer cumprir as regras do deporte no que participa de maneira NEUTRAL, velando pola seguridade dos xogadores/as, por manter a orde e un ambiente de respecto entre xogadores/as.

LIGAS INTERNAS 1º E 2º ESO

Neste 2º trimestre deron comezo as LIGAS INTERNAS “EMOCIÓN”, neste caso somos o alumnado 1º e 2ºESO o que participa na liga de FÚTBOL SALA. O obxectivo é  aproveitar o tempo de lecer, aumentar tempo de práctica, pero sobre todo mellorar os VALORES como persoa/deportista: respecto, compañeirismo, humildade, honestidade e moitos valores máis que o deporte nos aporta. Neste caso o XOGO LIMPO é o principal nestas ligas, xa que a non deportividade leva a sancionar ao equipo que o comete.

Agradecer neste caso ao departamento de Educación Física e tamén a profesores Javi Anta e Manuel Carril que son os nosos árbitros principais, axudando a que todos nos respectemos e gocemos desta actividade.

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo

Este luns 13 de febreiro a rapazada de 2°ESO-C coñeceu os remedios caseiros dos nosos maiores...Compartimos a experiencia cuns profesores italianos que esta semana visitan o noso centro.

MÁIS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe.

ENGADIREMOS MÁIS NAS PRÓXIMAS VISITAS

" I Feira da CIENCIA IESEBA "

 

 

O día 11 de febreiro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. Por este motivo, durante os días 8, 9 e 10 celebrouse  a " I Feira da CIENCIA IESEBA " donde toda a comunidade educativa participou nos concursos e experiencias científicas.

Esperamos poder continuar con esta actividade nos vindeiros cursos.

TEMOS MÁIS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum " I Feira da CIENCIA IESEBA " 

Tamén se pode acceder premendo nas imaxes.

Coñéceas! 2023 ASEICA

   

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2023

Un ano máis o 8 de febreiro, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron á nova edición de Coñéceas!, actividade organizada para centros educativos de toda España pola asociación Aseica (Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer) para celebrar a semana do "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia".

"As detectives do cancro" co seu labor investigador animan especialmente ás alumnas a afondar no interese pola ciencia. As investigadoras Andrea Estrella Arias e María de la Fuente do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e Jana Crespo investigadora no CIC BIOGUNE de Bilbao foron o noso exemplo. Andrea acudiu presencialmente e María e Jana interactuaron cos grupos por videoconferencia.

Grazas pola vosa participación! 

TEMOS MÁIS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Coñéceas! 2023 ASEICA"

Tamén se pode acceder premendo na imaxes

 

VISITA FACULTADE CIENCIAS UDC

O pasado xoves día 2 de febreiro, o alumnado de Anatomía Aplicada e Bio-Xeo de 1º de bacharelato acudiu á Facultade de Ciencias da UDC a realizar, con gran interés, distintos obradoiros sobre: paleontoloxía, química ambiental, criminalística, xenética molecular, fisioloxía vexetal, estatística..

Agradecemos á UDC esta oportunidade de achegamento ao traballo investigador.

Póndense ver as imaxes no bloque da marxe esquerda da páxina "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Visita Facultade Ciencias UDC (02-02-23)"

 

Tamén se pode acceder premendo na imaxe.

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo

   

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo.

O alumnado de 3º A-B-D de ESO de Proxecto Competencial comezou o mes de xaneiro compartindo xogos de mesa e conversa cos nosos maiores, os días 9 e 16.

Os luns 23 e 30 de xaneiro foi o alumnado de 3ºESO-C e 1ºBAC-C os protagonistas dunha gran actividade realizada co Centro de Día do Burgo en colaboración co departamento de EF. A nosa proposta foi levar aos residentes a práctica da actividade física, realizando unha sesión con beneficios saudables. 

O primeiro día co alumnado da ESO comezaron con movementos corporais e remataron con diferentes xogos, destacando a gran acollida dun voleibol adaptado con globos. Finalizaron cun coloquio no que recolleron datos dos seus antepasados: xogos practicados, horas de tempo libre ... 

O alumnado de bacharelato fixo cos anciáns xogos de mobilidade e ritmo, con música dos seus tempos mozos. Tamén cantaron e xogaron xuntos con material adaptado para que puideran atrapar e deslizar obxectos. 

Confraternizaron, compartiron sorrisos, intercambiaron sorrisos, foron acollidos con moita ilusión .. e recolleron moito aprendizaxe sobre a diferenza entre a vida actual e a que viviron os nosos maiores. Unha experiencia valorada moi positivamente polo alumnado.

E este primer luns 6 de febreiro o alumnado de 2°de PMAR participou nun bingo musical organizado polo Centro de día. Intercambiaron gustos musicais e aprenderon un montón dos nosos maiores. Moitas grazas polas súas ensinanzas.

TEMOS TODAS AS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"

Tamén se pode acceder premendo nas imaxes.

SEGUIREMOS ENGADINDO MÁIS NAS PRÓXIMAS VISITAS

 
 
 

Exposición AI: MORE THAN HUMAN e roteiro Cidade Modernista da Coruña

    

Os pasados días 15, 16 e 22 de decembro do 2022, o alumnado de 4º de ESO visitou en Afundación a exposición sobre intelixencia artificial AI: More than human e realizou un roteiro cultural de achegamento á arquitectura modernista da cidade da Coruña  visitando algúns dos seus edificios máis emblemáticos.

Póndense ver as imaxes no bloque da marxe esquerda da páxina "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "AI: MORE THAN HUMAN decembro 2022"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe.

MOSTRA DE XOGOS ALTERNATIVOS AOS NOSOS MAIORES!

Este luns 30 de xaneiro foi o alumnado de 1º de BACHARELATO quen puidemos gozar cos residentes do Centro día de O Burgo, neste caso acompañad@s polo departamento de EF, onde Montse e Silvia nos axudaron a elaborar unha sesión de xogos de mesa con material alternativo.

Os obxectivos eran a busca dos beneficios para a saúde:

1- Mellorar a capacidade de concentración.

2- Favorecer o aprendizaxe de novas habilidades e destrezas.

3- Adquirir hábitos de ocio para ocupar o tempo libre

4- Lograr o interese, a distracción e diversión de maneira terapéutica.

GRAZAS A TOD@S POLA EXPERIENCIA VIVIDA!!

 

Distribuir contenido