Evitar navegación.
Principal

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo

   

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo.

O alumnado de 3º A-B-D de ESO de Proxecto Competencial comezou o mes de xaneiro compartindo xogos de mesa e conversa cos nosos maiores, os días 9 e 16.

Os luns 23 e 30 de xaneiro foi o alumnado de 3ºESO-C e 1ºBAC-C os protagonistas dunha gran actividade realizada co Centro de Día do Burgo en colaboración co departamento de EF. A nosa proposta foi levar aos residentes a práctica da actividade física, realizando unha sesión con beneficios saudables. 

O primeiro día co alumnado da ESO comezaron con movementos corporais e remataron con diferentes xogos, destacando a gran acollida dun voleibol adaptado con globos. Finalizaron cun coloquio no que recolleron datos dos seus antepasados: xogos practicados, horas de tempo libre ... 

O alumnado de bacharelato fixo cos anciáns xogos de mobilidade e ritmo, con música dos seus tempos mozos. Tamén cantaron e xogaron xuntos con material adaptado para que puideran atrapar e deslizar obxectos. 

Confraternizaron, compartiron sorrisos, intercambiaron sorrisos, foron acollidos con moita ilusión .. e recolleron moito aprendizaxe sobre a diferenza entre a vida actual e a que viviron os nosos maiores. Unha experiencia valorada moi positivamente polo alumnado.

E este primer luns 6 de febreiro o alumnado de 2°de PMAR participou nun bingo musical organizado polo Centro de día. Intercambiaron gustos musicais e aprenderon un montón dos nosos maiores. Moitas grazas polas súas ensinanzas.

TEMOS TODAS AS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"

Tamén se pode acceder premendo nas imaxes.

SEGUIREMOS ENGADINDO MÁIS NAS PRÓXIMAS VISITAS