Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

LECTURA E FAMILIAS

LECTURA E FAMILIAS

O Equipo de Dinamización da Biblioteca vai levar ao cabo unha serie de obradoiros no marco  do programa da Consellería de Educación “Lectura e familias”.

Toda a información no blog da Biblioteca

 

O mércores 1 de febreiro será a primeira sesión. Preme na imaxe para saber máis sobre a mesma.

 

PRACTICAMOS ACTIVIDADE FÍSICA COS NOSOS MAIORES

O luns 23 de xaneiro fomos o alumnado de 3º C os protagonistas dunha gran actividade realizada co Centro de Día do Burgo en colaboración co departamento de E.F e Raquel Parada. A nosa proposta foi levar aos residentes a práctica da actividade física, realizando unha sesión con beneficios saudables. Demos comezo con movementos corporais e rematamos con diferentes xogos, destacando a gran acollida dun voleibol adaptado con globos.

Finalizamos cunha entrevista que consistía na recollida de datos dos seus antepasados: xogos practicados, horas de tempo libre ... na cal trouxemos grandes anécdotas, moita aprendizaxe da diferenza entre a vida actual e a que viviron os nosos maiores “debemos reflexionar sobre estas vivenzas”. Pero tamén destacamos os sorrisos conxuntos, os cales gardamos nas nosas retinas... grazas unha vez máis por esta experiencia!!!

O BINGO - A PRÁCTICA CON GRANDES BENEFICIOS

O luns 16 de xaneiro o alumnado de 3º B e D, dende a materia de Proxecto Competencial fomos os asistentes á visita do Centro de Día do Burgo, onde continuamos con actividades/xogos de mesa dende a visita anterior. Neste caso a nosa proposta foi “O BINGO” onde puidemos gozar dunha gran xornada. Os nosos maiores estiveron moi activos e concentrados durante a sesión.

Ademais, destacamos que os beneficios obtidos coa práctica do bingo son:

- Nivel social: axuda a aumentar a autoestima, prevén o illamento social, promove as relacións co resto de participantes/grupo e relaxarse nun momento de diversión.

- Nivel cognitivo e físico: Promove a coordinación das mans e a vista, mellora a atención, a concentración e o tempo de reacción.

Unha vez máis agradecemos a colaboración do centro co noso IES !!!

 

PROMOTORES DA ACTIVIDADE FÍSICA AOS NOSOS MAIORES

O xoves 15 de decembro 2022 o alumnado de 1º Bacharelato do grupo B, organizamos unha actividade para o “Centro de maiores do Portazgo” agradecendo ás docentes Montse e Silvia que fixeron posible a actividade. Neste caso mostramos as capacidades adquiridas dende a materia de Educación Física, o noso rol como monitores realizando práctica de actividade física, fixemos xogos con diferente material (churros de piscina, globos, pelotas...) e non podía faltar o baile coa música dos anos 50, 60 e 70 volvendo á época dos nosos maiores.

Mostrando a importancia da actividade física nas diferentes idades para a mellora da saúde tanto a nivel físico, social e psíquico.

Moitas grazas pola gran acollida e participación activa no centro!!

CARTAS CANDELORIA 2023

        

 

  

Escríbelle en GALEGO 

unha carta de amor,amizade ou agradecemento a alguén do insituto. 

 

 

PREME NA IMAXE PARA SABER MÁIS

  

   

 

 

OS XOGOS DE MESA UNEN ADOLESCENCIA E TERCEIRA IDADE

O luns 9 de xaneiro o alumnado de 3º ESO do grupo B, a través dunha saída coa materia de Proxecto Competencial, acercámonos ao Centro de maiores do Burgo. No cal,  realizamos un recordatorio do que era/foi o tempo de lecer dos nosos maiores “os grandes expertos da sociedade”,  relación cos  OS XOGOS DE MESA, mostrando unha dura lección de vida; un gran exemplo foi o xogo cara a cara e non mediante unha pantalla/videoxogos. Pero o mellor foron  as anécdotas que nos estiveron contando con tanta emoción.

Grazas a colaboración do centro de maiores co noso IES, así como ao profesorado implicado que fai posible estas actividades.

CLAUSURA FINAL DO 1º TRIMESTRE

Último día do ano 2022 no IES, polo que o alumnado de 1º de bacharelato realizamos unha animación final para que participara toda a comunidade educativa, grazas a colaboración do Departamento de Educación Física coa dirección da nosa profesora Montse. 

En primeiro lugar mostramos unhas coreografías/bailes ao son da música, e finalmente o obxectivo foi que todos e todas nos moveramos ao son da música navideña.

CLAUSURA FINAL DE TRIMESTRE

E finalizamos co mítico partido de brilé entre profesorado e alumnado, onde se demostra unha vez máis que o DEPORTE une a nosa comunidade.

Pasade un bo NADAL!

A SAÚDE E OS HÁBITOS NOCIVOS

 Traballo en titoría sobre a exposición de traballos sobre as sustancias nocivas de cara ao día a día.

CAMIÑANTES ACTIVOS

Ao longo do primeiro trimestre o alumnado de 1º ESO realizamos unhas xornadas no CENTRO de DÍA DO BURGO (Plan de Centro Aprendizaxe - Servizo), e aproveitando a actividade na que fixemos de reporteiros,  tamén tivemos a oportunidades de promover a vida saudable ... cómo? camiñando ata o centro, promovendo os desprazamentos  activos, os cales proporcionan beneficios a nivel físico e social, ademais de económicos e ambientáis.

Distribuir contenido