Evitar navegación.
Principal

OS XOGOS DE MESA UNEN ADOLESCENCIA E TERCEIRA IDADE

O luns 9 de xaneiro o alumnado de 3º ESO do grupo B, a través dunha saída coa materia de Proxecto Competencial, acercámonos ao Centro de maiores do Burgo. No cal,  realizamos un recordatorio do que era/foi o tempo de lecer dos nosos maiores “os grandes expertos da sociedade”,  relación cos  OS XOGOS DE MESA, mostrando unha dura lección de vida; un gran exemplo foi o xogo cara a cara e non mediante unha pantalla/videoxogos. Pero o mellor foron  as anécdotas que nos estiveron contando con tanta emoción.

Grazas a colaboración do centro de maiores co noso IES, así como ao profesorado implicado que fai posible estas actividades.