Evitar navegación.
Principal

PROMOTORES DA ACTIVIDADE FÍSICA AOS NOSOS MAIORES

O xoves 15 de decembro 2022 o alumnado de 1º Bacharelato do grupo B, organizamos unha actividade para o “Centro de maiores do Portazgo” agradecendo ás docentes Montse e Silvia que fixeron posible a actividade. Neste caso mostramos as capacidades adquiridas dende a materia de Educación Física, o noso rol como monitores realizando práctica de actividade física, fixemos xogos con diferente material (churros de piscina, globos, pelotas...) e non podía faltar o baile coa música dos anos 50, 60 e 70 volvendo á época dos nosos maiores.

Mostrando a importancia da actividade física nas diferentes idades para a mellora da saúde tanto a nivel físico, social e psíquico.

Moitas grazas pola gran acollida e participación activa no centro!!