Evitar navegación.
Principal

PRACTICAMOS ACTIVIDADE FÍSICA COS NOSOS MAIORES

O luns 23 de xaneiro fomos o alumnado de 3º C os protagonistas dunha gran actividade realizada co Centro de Día do Burgo en colaboración co departamento de E.F e Raquel Parada. A nosa proposta foi levar aos residentes a práctica da actividade física, realizando unha sesión con beneficios saudables. Demos comezo con movementos corporais e rematamos con diferentes xogos, destacando a gran acollida dun voleibol adaptado con globos.

Finalizamos cunha entrevista que consistía na recollida de datos dos seus antepasados: xogos practicados, horas de tempo libre ... na cal trouxemos grandes anécdotas, moita aprendizaxe da diferenza entre a vida actual e a que viviron os nosos maiores “debemos reflexionar sobre estas vivenzas”. Pero tamén destacamos os sorrisos conxuntos, os cales gardamos nas nosas retinas... grazas unha vez máis por esta experiencia!!!