Evitar navegación.
Principal

O BINGO - A PRÁCTICA CON GRANDES BENEFICIOS

O luns 16 de xaneiro o alumnado de 3º B e D, dende a materia de Proxecto Competencial fomos os asistentes á visita do Centro de Día do Burgo, onde continuamos con actividades/xogos de mesa dende a visita anterior. Neste caso a nosa proposta foi “O BINGO” onde puidemos gozar dunha gran xornada. Os nosos maiores estiveron moi activos e concentrados durante a sesión.

Ademais, destacamos que os beneficios obtidos coa práctica do bingo son:

- Nivel social: axuda a aumentar a autoestima, prevén o illamento social, promove as relacións co resto de participantes/grupo e relaxarse nun momento de diversión.

- Nivel cognitivo e físico: Promove a coordinación das mans e a vista, mellora a atención, a concentración e o tempo de reacción.

Unha vez máis agradecemos a colaboración do centro co noso IES !!!