Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

Matemáticas na Raia 2018

Na tarde do pasado xoves 19 de abril, os alumnos de 3ºESO-B participaron no concurso “Matemáticas na Raia”, organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e pola Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal (APM)

Os nosos alumnos traballaron en equipo para dar solución aos 5 problemas que se lles propoñían, utilizando tanto os seus coñecementos como a lóxica.

O centro, o departamento e a súa profesora están moi contentos coa súa participación.

Bo traballo!!

 

CAMPAÑA LIMPEZA 2018

Comezamos a campaña de limpeza 2018. Más información AQUÍ. Iremos colgando imaxes da recollida de lixo nun album ao que se pode acceder dende o menú CAMPAÑA LIMPEZA dentro do bloque ALUMNADO.

RCP "As túas mans salvan vidas" 2018

Un ano máis, os alumnos de 4ºESO e 1ªBAC do noso centro recibiron, o pasado xoves 12 de abril, unhas sesións de aprendizaxe de técnicas de emerxencia e reanimación cardiopulmonar, dentro do programa EDUCACIÓN PARA A SAÚDE de Educa Culleredo. 

Podense ver algunhas fotos pulsando na imaxe.

O MAGO ÁNTÓN NO IESEBA

 

QUE ONDE ESTÁ O MAGO ANTÓN?

Pois os días 11 e 12 de ABRIL de 2018 no IESEBA cortando cabezas...

Podedes ver algunhas fotos premendo na imaxe

CHARLA DOAZÓN DE ÓRGANOS 2018

Un ano máis Alex, enfermeiro no Centro de Coordinación de transplantes do CHUAC, veu dar á nosa aula de 4ºE de ESO unha charla informativa sobre a doazón de órganos.

 

  

1ºESO no MUSEO DE HISTORIA NATURAL da USC

 

 

 

 

 

 

 

O pasado xoves 22 de marzo de 2018, os alumnos de 1ºESO visitaron o Museo de Historia Natural da USC.

Para ver máis fotos premer na imaxe.

VIAXE LONDRES 2018

E tamén van chegando as fotos dos nosos alumnos e profesores que están en Londres!!

 

Está creado un album onde iremos engadindo todas as fotos que nos vaian enviando.

Pódese acceder pulsando na imaxe.

      
     

VIAXE CANTABRIA-ASTURIAS 2018

E siguen chegando fotos dos nosos alumnos e profes!! Esta vez da viaxe a Cantabria e Asturias.

 

 

Coma sempre, creamos un album onde iremos engadindo todas as que nos vaian enviando.

Pódese acceder pulsando na imaxe.

      
     

VIAXE PARÍS 2018

Xa nos chegaron as primeiras fotos en París dos nosos alumnos e das súas profesoras!!

 

 

Creamos un album onde iremos engadindo as que nos vaian enviando.

Pódese acceder pulsando na imaxe.

           
     

Distribuir contenido