Evitar navegación.
Principal

FALEMOS DE EMIGRACIÓN (2ª parte)


 

 

O pasado xoves, 30 de xaneiro de 2020,tivemos a 2ª parte da actividade "Falemos da emigración". Nesta ocasión foron os nosos rapaces/as os que investigaron e contaron as historias da emigración das súas familias ou coñecidos.

«Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se insire na liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento Activo de Afundación.

A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores.

  

 

A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores. A través dos encontros, maiores e mozos e mozas compartirán experiencias, opinións, coñecementos, traballo e emocións, establecendo relacións significativas baseadas na reciprocidade e o recoñecemento mutuo.

https://falamedaemigracion.afundacion.org/gl/colaboradores/13-centros-de-maiores-afundaci%C3%B3n/a-coru%C3%B1a

Na imaxe da esquerda podemos ver a publicación no "El Ideal Gallego" do día 31-01-20  

 

Premendo nas fotos pódese acceder ao álbum con máis imaxes