Evitar navegación.
Principal

NON É AMOR: VIOLENCIA DE XÉNERO E XUVENTUDE NEGACIONISTA

VIOLENCIA DE XÉNERO E XUVENTUDE NEGACIONISTA 

Nun recente informe de Save the Children titulado "Non é amor", afírmase que o negacionismo  da violencia de xénero entre a mocidade nos últimos anos vai en aumento e é moi preocupante. Pódese observar como as relacións afectivas entre adolescentes anticípanse cada vez máis establecendo vínculos non igualitaros e abusivos que se fundamentan na subordinación e no control.

Desde o IES EBA estamos convencidos de que a educación é unha ferramenta clave para loitar contra o sexismo e a violencia en calquera das súas formas, e por iso, pretendemos que o noso  alumnado aprenda, desde moi novo, a identificar e erradicar este tipo  de actitudes e comportamentos. Coa pretensión de introducir valores igualitarios e libres de prexuízos  e de estereotipos sexistas, queremos facilitarlles modelos de relación baseados na igualdade durante todas as etapas educativas. Por iso, todo o centro: equipo directivo, departamento de orientación, profesorado e persoal non docente, solicitamos a axuda das familias para que este proxecto  non se convirta nunha simple efeméride dun día e teña continuidade durante o resto do curso.

Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos, ao que se irán engadindo máis nos próximos días.