Evitar navegación.
Principal

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: COÑÉCEAS! 2022

 

As alumnas/os de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron o 8 de febreiro a unhas videoconferencias organizadas para centros educativos de toda España pola asociaicón Aseica (Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer) tituladas Coñéceas! para celebrar a semana do "Día da Muller e Nena na Ciencia".

As "Detectivas do cancro" que acercaron ao noso alumnado o seu traballo como investigadoras e aclararon a situación na que se atopa a muller investigadora en España, foron Tania Montes e Kelly Conde  investigadoras do INIBIC da Coruña. As videoconferencias foron seguidas con gran interese e participación polo noso alumnado e resultaron moi motivadoras. 

Grazas pola vosa participación!

 Premer na imaxe para acceder a máis fotos