Evitar navegación.
Principal

CHARLA Escola de Arbitraxe

O pasado xoves, 19 de maio de 2022, o Concello de Culleredo, a través das Concellerías de Deportes e Xuventude, e o Comité Técnico Galego de Árbitros, acolleu unha iniciativa pioneira, que ten como meta a creación da primeira Escola de Arbitraxe para a xuventude cullerdense.️

Nesta xornada, os profesionais Rubén Eiriz, delegado do Comité de Árbitros da Coruña, e Eugenia Gil Soriano, árbitra da Liga Iberdrola, acompañados polo conselleiro de Deportes, Miguel Suarez, explicaron a súa experiencia ao alumnado do IES Blanco Amor. 

A charla, obtivo unha gran participación por parte da rapazada, que mesmo participou nun sorteo de agasallos. 

 

Dende os seguintes links pódese acceder ao artículo publicado en "La Opinión" e á entrada no Facebook de Xuventude Culleredo

 

Pódese acceder ao álbum de fotos premendo na imaxe