Evitar navegación.
Principal

Exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón”

Onte, 27 de abril de 2022, no IES Blanco Amor tivemos a satisfacción de que a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, inaugurase cunha charla explicativa, a súa exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón” que relata como 27 republicanos, agachados durante a guerra civil na comarca de Ferrolterra, partiron de Ares, nunha noite de xullo de 1939, para chegar a Francia salvando as súas vidas  e como foron as súas vivencias posteriores.

É unha historia, non só de supervivencia, senón tamén de xenerosidade solidaria, de sacrificios  e da loita pola dignidade dun pobo.

Dende a AC Memoria Histórica Democrática fixéronnos chegar a seguintes palabras de agradecemento:

"Agradecemos moito o seu interese ao alumnado, as profesoras e a dirección do centro, que tivo a atención de agasallar á nosa Asociación cunha placa de Sargadelos, cuio motivo é Eduardo Blanco Amor que lle da nome ao Centro, pero o verdadeiro regalo é que nos permitan levar á xuventude – ao futuro – estas leccións de Historia solidaria. A todas e todos moitas grazas." 

 

Pódese acceder a máis fotos premendo na imaxe