Skip to Content

Consello escolar

VOTACIÓNS CONSELLO ESCOLAR

urna.gif - El Adarve

Lembrade que a mesa electoral para a renovación do sector pais/nais do consello escolar do centro está aberta no noso cole hoxe, 29 de novembro, en horario de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.

XUNTA ELECTORAL

Departamento de Ingeniería Química y Tecnología del Medio Ambiente -  NOTICIAS_elecciones_depto2 - Noticias

O día 3 de novembro quedou constituída a xunta electoral encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do consello escolar do centro. 

Consultade aquí a súa composición, resultante do sorteo celebrado o día 28 de outubro.

XUNTA ELECTORAL

ACTA DE CONSTITUCIÓN DE LA JUNTA ELECTORAL – CEIP PEREZ ZAMORA

Tras o sorteo público celebrado o pasado venres 28 de outubro, constituiuse o día 2 de novembro a Xunta Electoral que se encargará da organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do consello escolar do centro.

Os integrantes da Xunta Electoral son os seguintes:

  • Directora do centro: Concepción Castiñeiras Suárez.
  • Representante nais/pais: Ana Vilariño Santos.
  • Representante profesorado: Mª Teresa Tato Carbajales.
  • Representante do PAS: José Carlos Regengo Maceiras.

SORTEO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Rifa - Iconos gratis de personas

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, realizaremos proximamente neste centro a renovación do consello escolar, que é o instrumento de participación de todos os sectores educativos na vida escolar.

A organización e supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá ao efecto e estará integrada por: a directora do centro, un profesor/a, un pai/nai e un representante do PAS; designados os tres últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.

Dito SORTEO público será celebrado o vindeiro venres 28 de outubro ás 12:00 h na sala de profesorado do centro.

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS ELECTAS CONSELLO ESCOLAR

Escuela Infantil El Arlequin

De acordo co establecido nos artigos 31º e 51º do Decreto 92/1988, do 28  de abril (DOG do 29), na reunión da Mesa Electoral do centro celebrada hoxe, 30 de novembro, quedaron proclamadas as seguintes candidaturas para formar o consello escolar do centro:

  CANDIDATURAS ELIXIDAS Nº VOTOS
  SECTOR PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS
TITULARES
1 Mejuto Mato, Rosa Mª 10
2 Codesido Basteiro, Mª Jesús 7
  SUPLENTES 
1 Eiras Duarte, Iria 4
2 Baños Baños, Margarita 3
SECTOR PROFESORADO
TITULARES
1 Muñoz Pereira, Lucía 9
2 Vázquez García, Laura 8
3 Vázquez López, José Luis 8
SUPLENTES
1 Bernárdez Mallo, Victoria 2
2 Tato Carbajales, Mª Teresa 1

PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS

Votación - Iconos gratis de manos y gestos

Neste curso 21/22 celebramos eleccións ao consello escolar do centro. Cómpre renovar no sector de pais/nais dous membros.

As candidaturas proclamadas pola xunta electoral son as seguintes:

  • Baños Baños, Margarita.
  • Codesido Basteiro, Mª Jesús.
  • Eiras Duarte, Iria.
  • Mejuto Mato, Rosa Mª.

Na papeleta de votación deberedes marcar un máximo de un candidato/a.

As papeletas estarán á vosa disposición no local da ANPA do centro o día das votacións, que será o mércores 24 de novembro de 2021 en horario de 16:00 a 20:00 h.

Para poderdes votar, debedes presentar o DNI ou documento similar.

Poderá votar tanto o pai coma a nai, que teñen que estar correctamente inscritos/as no censo que está exposto no taboleiro de anuncios da entrada ao centro.

ABERTO O PRAZO DE CANDIDATURAS

Cuál es el origen del término 'candidato'?

O prazo de presentación de candidaturas para a renovación do consello escolar do centro abranguerá desde o día 5 ao día 12 de novembro, ambos os dous incluídos.

Se estades interesadas/os en presentar a vosa candidatura, podedes recoller o impreso oficial na conserxería do centro e entregalo debidamente cuberto na secretaría do centro, en horario de 9:00 a 14:00 h.

XUNTA ELECTORAL

Diga Sí o No, pero vaya a votar el 1 de agosto

O pasado día 5 de novembro quedou constituída a Xunta Electoral do centro, encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.

A Xunta Electoral estará integrada polos seguintes membros:

- A directora do centro: Concepción Castiñeiras Suárez.

- Unha profesora: Rosina Luque Arbones.

- Unha nai: Ana Belén Vázquez Magán.

- Un representante do persoal de administración e servizos: José Carlos Regengo Maceira.

Son competencias da Xunta Electoral:

- Aprobar e publicar os censos electorais (podedes consultalos no taboleiro de anuncios da entrada do centro).

- Concretar o calendario electoral.

- Admitir e proclamar candidaturas.

- Ordenar o proceso electoral.

- Promover a constitución da mesa electoral.

- Resolver as reclamacións.

-Proclamar os candidatas/os elixidas/os e remitir as actas á Xefatura Territorial.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 

Publicada a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, a organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do consello escolar estará a cargo da xunta electoral, que se constituirá no centro o venres 5 de novembro de 2021 ás 11:45 h e estará integrada pola directora do centro, un profesor/a, un pai/nai/titor legal e un representante do persoal de administración e servicios, designados os tres últimos por sorteo público, no que se preverá a designación de suplentes. Este sorteo celebrarase o venres 29 de outubro, ás 11:45 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut