O pasado día 5 de novembro quedou constituída a Xunta Electoral do centro, encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.
A Xunta Electoral estará integrada polos seguintes membros:
- A directora do centro: Concepción Castiñeiras Suárez.
- Unha profesora: Rosina Luque Arbones.
- Unha nai: Ana Belén Vázquez Magán.
- Un representante do persoal de administración e servizos: José Carlos Regengo Maceira.
Son competencias da Xunta Electoral:
- Aprobar e publicar os censos electorais (podedes consultalos no taboleiro de anuncios da entrada do centro).
- Concretar o calendario electoral.
- Admitir e proclamar candidaturas.
- Ordenar o proceso electoral.
- Promover a constitución da mesa electoral.
- Resolver as reclamacións.
-Proclamar os candidatas/os elixidas/os e remitir as actas á Xefatura Territorial.