Skip to Content

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 

Publicada a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, a organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do consello escolar estará a cargo da xunta electoral, que se constituirá no centro o venres 5 de novembro de 2021 ás 11:45 h e estará integrada pola directora do centro, un profesor/a, un pai/nai/titor legal e un representante do persoal de administración e servicios, designados os tres últimos por sorteo público, no que se preverá a designación de suplentes. Este sorteo celebrarase o venres 29 de outubro, ás 11:45 h.



story | by Dr. Radut