Proxectos

Proxectos da Biblioteca

MAMÁ CABRA EN CEIP PLURILINGÜE DE SIGÜEIRO

Temos una nova moi importante!: MAMÁ CABRA visitará a nosa escola o vindeiro martes 19 de novembro a partir das 17.00 h.

O noso alumnado está inmerso no proxecto de "Os bosques" e que mellor forma de aprender que facelo a través da música e da cultura galega.

Así, Tomi e Gloria, de Mamá Cabra, veñen presentar "A fraga do meu avó", un libro C. D. con contos, lendas e cancións relacionadas cos bosques.

Xa sabedes, anotade esta importante cita nas vosas axendas e vide disfrutar con nós á biblioteca da nosa escola. Que non falte ninguén!!

OS MORCEGOS CHEGAN A SIGÜEIRO

A ASOCIACIÓN DROSERA, para o Estudio e Conservación do Medio Natural, veu á nosa escola para  ensinarnos máis sobre estes mamíferos e como é a súa vida nos nosos bosques. O alumnado de 2º estivo moi atento, e xa están desexando a volta en primavera de Manuel para seguir aprendendo sobre estes interesantes animais. Aquí vos esperamos!

Feira do Tempo

A verdadeira aprendizaxe, a que perdura na memoria, é aquela que se constrúe facendo a partir da experiencia propia, que está dotada de significado e vinculada coas emocións, que estimula a capacidade de investigar, que favorece a colaboración e a autoxestión da aprendizaxe por parte do alumnado e que desenvolve comportamentos responsables, colaborativos e de traballo en equipo.

Exemplo de isto é a actividade desenvolvida hoxe no noso centro, "A Feira do Tempo". Coa implicación de todo o profesorado e alumnado, amosando o gran traballo realizado ó longo do curso a través do seu particular percorrido dende a Prehistoria ata ó Modernismo, sen esquecer a Cultura Clásica, a magnificencia do Antigo Exipto ou as construcións Medievais. Unha festa chea de obradoiros, presentacións, xogos, vídeos..... onde todo vale para aprender xogando e xogar aprendendo todos/as xuntos/as.


Visita a galería para ver máis

INTERCAMBIO SOLIDARIO

O alumnado do centro faille entrega á representante do Concello de  todo o recollido no programa de "Intercambio Solidario" organizado polo centro.

Seres Fantásticos

O noso valo de Seres Fantásticos non para de medrar!

Hoxe foi o alumnado de 6º A o que encheu de cor e imaxinación a pizarra do patio coas súas creacións.

 

Queres velos todos? só tes que clicar na imaxe

Maxía + Fantasía = Mitoloxía

Etapa Superada!

O noso proxecto avanza ó mesmo ritmo que o fan as fichas de tódolos/as participantes polo taboleiro cada vez que superamos un reto. 

Nica está moi satisfeita do ben que tódolos equipos resolveron os seus retos superando así a primeira etapa.

Noraboa! 

Descubrimos tantos seres mitolóxicos e animais fantásticos que xa non hai ningún que se nos resista. E con eles, decoramos as paredes da biblioteca. Nica está encantada!

Gustáronnos tanto, que decimos deixar voar a nosa imaxinación e crear algún novo para engadir á larga lista dos xa coñecidos.

Aquí vos deixo un que  fixeron hoxe os alumnos de 2º. Si clicades na imaxe podedes ver todos os que vaiamos engadindo ó noso álbum. Isto sí que é fantástico!

ONDE ESTÁ NICA?

E o primeiro reto xa está aqui!

Onde está Nica? Desapareceu da biblioteca sen que ninguén se decatara e non sabemos que pasou.

No seu lugar, apareceu unha nota e unhas fotos para que, entre todos, descifremos o misterio.


E o noso alumnado púxose a investigar sen demora.....

Durante estos días, e ata o vindeiro venres 17, data na que se desvelará este primeiro misterio, analizarán unha serie de imaxes que Nica vai mandando dende o seu lugar de destino.

E algúns parece que xa atoparon a solución.

Estade atentos as mensaxes de Nica

 

 

"MAXIA +FANTASÍA = MITOLOXÍA"

Por fin Nica desvelou o segredo mellor gardado deste novo curso, o novo proxecto de biblioteca.

"Maxia + Fantasía = Mitoloxía" pretende achegarnos desde o universo da literatura de ficción, ó marabilloso mundo dos mitos, rebosante de historias imposibles cheas de elementos sobrenaturais. Onde habitan innumerables seres fantásticos. Formúlanse un sinfín de conxuros máxicos. Relatánse lendas de aquí e de acolá. E onde mortais e deuses comparten aventuras.

E arrancamos o proxecto centrados na maxia como eixe motivador, a través dun personaxe literario moi vinculado co tema que, como todos e todas descubriron, é Harry Potter.

Sorteo das casa na biblioteca co Sombreiro Seleccionador

Despois do sorteo, o alumnado de E. Infantil desenvolveu diferentes actividades para achegarse a este mundo máxico; lendo a carta de admisión á escola de Howards, comprobando o seu billete de tren, compartindo graxeas de tódolos sabores e mesmo maquillándose como o protagonista da historia.

Clicade na foto para ver que ven o pasaron!

Así que por un tempo, o noso centro vai converterse en Howards, e cada ciclo pertencerá a unha das súas casas desde onde, e a través dun traballo de equipo, irán superando unha serie de misterios e retos.

E o primerio está a piques de chegar

NA PROCURA DAS PISTAS

Este curso Nica empeza xoguetona!

As aventuras traspasan as páxinas dos libros e chegan ó noso centro en forma de pistas, vestixios, rastros, sinais....que o noso alumnado terá que atopar e interpretar para descubrir o tema que dende a biblioteca nos levará unha vez máis a afondar entre as páxinas cheas de historias, maxia e fantasía coas que enguedellarnos para seguir soñando.

 

Claro que Nica conta co intrépidos/as que son estes pequenos/as.

Ánimo, temos ata este venres para descubrilo.

GUÍAS DAS NOSAS VIAXES

Para todos e todas os que vos embarcáchedes nesta viaxe literaria con nós, deixámosvos as guías que o alumnado de 6º de Educación Primaria preparou coa información recollida por cada aula sobre o país que traballaron.

Para a súa maquetación contamos coa colaboración do alumnado do ciclo FPB de Artes Gráficas do IES Leixa de Ferrol.

Graciñas a todos e todas pola vosa colaboración. Sodes uns astistas!

Podedes descargalas nos seguintes enlaces

Guía de Brasil

Guía de China

Guía de EEUU

Guía de Egipto

Guía de Francia

Guía de Gran Bretaña

Guía de Grecia

Guía de Groenlandia

Guía de La India

Guía de Italia

Guía de Portugal

Guía de Rusia

Guía de Senegal

Guía de Tailandia