Proxectos

Proxectos da Biblioteca

Curiosidades sobre as Olimpiadas II

Seguimos descubrindo curiosidades sobre as Olimpiadas con Punki. Desta volta, a nosa mascota fálanos da pira olímpica e de cando e onde se celebran os Xogos Olímpicos? Fai clic nos videos ou escanea os QR dos paneis informativos que atoparás no corredor da planta baixa de Primaria.

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!

Despois dunha semana de bromas e moitas risas chegou o Día Grande do Entroido!

 

A choiva fixo que tiveramos que alterar a programación prevista e así non puidemos facer o desfile cos outros coles polas Rúas e Alameda de Sigüeiro. Trasladamos o desfile ao pavillón e acompañáronnos as familias. Como nos divertimos! Hai que dicir que tamén pasamos algo de nervios porque eso de desfilar diante das familias danos certa angustia. A temática deste curso AS OLIMPIADAS, deunos pé para versionar os disfraces de cada nivel, que estiveron relacionados cos deportes. Dende a natación ata o monopatinaxe, pasando por atletismo, ciclismo, tenis, artes marciais... 

       

   

Curiosidades sobre as Olimpiadas I

No 1º trimestre, o alumnado estivo investigando sobre os diferentes países que acolleron os Xogos Olímpicos dende a antigüidade. Coas súas pescudas elaboraron uns paneis informativos que colocamos no corredor da planta baixa do edificio de Primaria seguindo unha liña temporal. 

Agora Punki, a nosa mascota olímpica, está a engadir uns códigos QR nos que conta algunhas curiosidades sobre as Olimpiadas. Escanéaos e descubre cales son. Tamén podes visualizar os tres primeiros videos aquí.

MASCOTA OLÍMPICA

Punki é a mascota elixida no concurso de mascotas olímpicas da biblioteca.

O seu ilustrador é Iker, alumno de 4ºB de Educación Primaria, que recibiu o seu agasallo na biblioteca.

UN CAMBIO POLO CLIMA: DEBAJO DE LA TIERRA DEBAJO DE LOS MARES

O 6º nivel de Educación Primaria realizou un proxecto relacionado co cultivo de microalgas con obxectivos tan

importantes como son a obtención de biodiesel, usos terapéuticos...

UN CAMBIO POLO CLIMA: INVENTARIO MARES

 O alumnado de 5º de Educación Primaria realizou un traballo sobre as pradeiras mariñas, grandes

extensións de flora mariña, imprescindibles para a rexeneración dos fondos mariños, limpeza das

augas e alimento de diferentes especies.