CON-VIVE

SEGUIMOS ENTENDÉNDO-NOS

Xa levamos unhas sesións do noso proxecto "Entendéndo-nos", dentro da liña CON-VIVE de Contrato Programa. Estamos reflexionando e aprendendo un montón de cuestións sobre a convivencia. A través do conto "A Lebre e a tartaruga", cocluímos que todos temos dferentes cualidades pero todas son necesarias e un grupo con diversidade de cualidades é máis enriquecedor. Con vídeos, imaxes ou mesmo xogos descubrimos moitos aspectos útiles para mellorar a convivencia. Por exemplo estivemos reflexionando a partires dun debuxo de dous burros atados de maneira que cada un miraba para o lugar oposto do outro. Diante de cada un, a certa distancia tiñan comida; como poder collela se ámbolos dous tiran para diante? Non hai maneira de poder comer, un tira polo outro e non poden avanzar. Hai que ceder, se ambos ceden ambos comen!

 

COMEZAMOS "ENTENDÉNDO-NOS"

Hoxe botou a andar o noso proxecto "Entendéndo-nos" da psicóloga Montse Lata, experta en Mediación, dentro da liña do Contrato Programa Con-Vive. Leváronse a cabo dúas sesións co alumnado de 5º e 6º respectivamente, no salón de actos. Montse fíxonos saber que os conflictos non se poden evitar e debemos aprender a sacar o bo deles. 

Destas sesións tiñan que saír tres nomes de cada grupo, elixidos polos propios compañeiros/as. Estes serían os/as que asistirían ás sesións de formación para ser mediadores. Que características debían de cumprir? Pois entre todos apuntamos varias, queriamos alguén que nos escoitara con atención, que non nos xulgara, que empatizara con nós, que fose positivo, que tivese sentido do humor...