O noso comedor

CHEGA O DÍA GRANDE!

E chegan os días grandes do NADAL. No noso comedor estamos de FESTA! Manteis vermellos, menú especial, detalle de Nadal para cada neno/a (Grazas á mamá colaboradora Patricia Puente) e moita ledecia!!!

 

   

EQUIPAZO DE COLABORADORAS! GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!

  

CHEGA O NADAL AO COMEDOR!

O comedor vístese de Nadal para recibir ao noso alumnado!

  

  

 

AS NOSAS ENSALADAS!

No noso menú contamos con abundantes ensaladas no noso afán de afacer aos nenos e nenas a comer saudablemente.

  

ADEUS AO COCIÑEIRO EDUARDO!

Esta semana despedimos ao noso querido cociñeiro Eduardo! Moitas gracias polas túas comidas e moita sorte!

PROCESO DE PAGAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR - INSTRUCIÓNS

Todas as persoas usuarias do comedor escolar ás que lle corresponde pagar deben facer o pago nos primeiros vinte días do mes seguinte. Aformas de pagamento poden ser as seguintes:

Nas entidades bancarias autorizadas pola Consellería de Facenda: o centro entregará aos usuarios/as os impresos de pagamento; os suxeitos pagadores unha vez feito o ingreso nas entidades autorizadas, deberán entregar no centro, os xustificantes para “a administración”, debidamente validados polas entidades bancarias de depósito.

A través da Oficina Virtual Tributaria: as persoas interesadas poderán utilizar a oficina virtual tributaria para realizar os pagamentos de xeito telemático. Os suxeitos que opten por esta vía deberán presentar no centro, nos 20 días primeiros de cada mes, os xustificantes de pagamento correspondente. Dispoñedes do manual de pago a continuación.

A través do Espazo Abalar: os impresos estarán dispoñibles directamente para os usuarios do Espazo Abalar sen necesidade de obtelos a través do centro. O pagamento por esta vía é comunicado automaticamente á aplicación COMEDORES, polo que non terán que presentar xustificante no centro.

 

Manual Pago Telemático Taxas Comedor.

Enlace á páxina de pagamento (OVT).

Video titorial para pagamento por Espazo Abalar

COLABORADORES/AS COMEDOR ESCOLAR

 ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE PARA COLABORAR NO COMEDOR ESCOLAR!

 

RICOOO!

Comida rica e saudable, hoxe toca xudías con chourizo e arroz con rape!

  

BO XANTAR!

Hoxe... Sopa e tortilla!

  

MOI BOOO!

HOXE... ENSALADA MARIÑEIRA, ESTOFADO DE TENREIRA E IOGUR BEBIBLE!

    

COMIDA RICA E SAUDABLE

A COMIDA DE CADA DÍA É PREPARADA NO COLE CON PRODUCTOS FRESCOS E SEMPRE QUE SE PODE, DA ZONA. Comemos verduras, peixe e carne  frescos. Hoxe tocou potaxe de garavanzos e peixe de S. Martiño con ensalada; e de sobremesa sempre hai a posibilidade de tomar a froita que cada un queira.