Outras circulares

CIRCULAR FIN DE CURSO

21/06/2023 13:55

Estimadas familias, o mércores, día 21 será o último día lectivo do presente curso escolar. Será unha xornada de Portas Abertas para as familias entre as 11:00 e as 13:30. Ás 12.30 teremos unha merendiña xuntos para a que poden aportar o que consideren. A xornada rematará á hora de sempre con servizo de comedor e transporte. 

Máis informacións relativas ao novo curso escolar, libros de texto e comedor na circular adxunta. 

AGRADECERLLES A SÚA COLABORACIÓN AO LONGO DO CURSO QUE REMATAMOS E DESEXARLLES UN MOI BO VERÁN!

Un agarimoso saúdo de parte de todo o persoal do centro.

 

 

ENQUISA de diagnose da convivencia 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 2 ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion (https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/).

Cuestionario sobre a convivencia

O Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia promove unha enquisa para a avaliación da convivencia nos centros escolares. Cada membro da comunidade educativa deberá cubrir o seu cuestionario para contribuir aos resultados.

A enquisa é anónima. Dende o centro repartimos claves de acceso que non identifican ás persoas que fan a enquisa.

O cuestionario leva cubrilo uns 15 minutos, e só se pode facer unha vez. Se se pecha sen rematalo, a clave de acceso non poderá volver usarseA enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

É probable que o enlace dea unha mensaxe de erro de seguridade. Nesa pantalla, haberá que "añadir excepción", "confirmar excepción", "aceptar certificado" ou outro botón similar que indique que aceptas continuar.

Enquisa familias: https://edu.xunta.es/convfamil

Enquisa alumnado de 5º a 6º de Primaria: https://edu.xunta.es/convobrig

Enquisa profesorado: https://edu.xunta.es/convdoce

Enquisa persoal administración e servizos https://edu.xunta.es/convpas

Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico

 

Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico

O pasado 11 de marzo publicouse no DOG a Orde que regula o dereito  o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

E esta semana fíxose pública a circular que precisa algúns aspectos da citada Orde. 

Toda a información poden atopala nos seguintes documentos:  

-Orde 2 de Marzo de 2021

-Circular 2/2021

 

 

INSTRUCIÓNS DESENVOLVEMENTO 3º TRIMESTRE

 

O pasado día 28 de abril, a Consellería de Educación fixo públicas as instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre. Teñen aquí un pequeno resumo e o enlace ás mesmas.

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

Estimadas familias, o pasado mércores, día 15 de abril, tivo lugar unha reunión do Ministerio de Educación coas Comunidades Autónomas para regular as directrices para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021. O día 17 de abril, a Conselleira de educación, Carmen Pomar, enviounos unhas orientacións provisionais ao respecto, que vos resumimos no documento adxunto.

INSTRUCIÓNS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN 2ª AVALIACIÓN

A Consellería de Educación fixo pública a concreción das medidas a adoptar en relación coa AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE. O venres despois das 15:00, poderán consultar as cualificacións académicas dos seus fillos/as, a través da aplicación abalarMóbil.

Charla de robótica para familias

08/05/2018 16:30

O vindeiro martes 8 de maio ás 16:30, terá lugar no salón de actos do colexio unha charla informativa para as familias sobre a robótica na educación dos seus fillos/as. Esta, encádrase dentro do proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria "Introdución á Robótica Educativa na Educación Primaria", que nos foi concedido este curso. Contaremos coa presenza de Fran Bellas, profesor da Universidade da Coruña e creador de robots e Fátima García, responsable do servizo de Formación do Profesorado na Consellería de Educación. Neste encontro, o noso alumnado levará a cabo unha práctica de traballo con robots. 

     

 

Folga 8 de marzo

08/03/2018 15:17

Estimadas familias:

Mañá día 8 de marzo está convocada unha folga xeral que pode afectar ao normal desenvolvemento das actividades do centro.

Os servizos mínimos que contempla a lexislación son: a dirección ou membro do equipo directivo, un subalterno, unha persoa de cociña e un auxiliar coidador.

Polo tanto non podemos asegurar que as clases se impartan de xeito normalizado.

Un saúdo

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

27/02/2018 17:00

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: MARTES 27 DE FEBREIRO ÁS 17:00

PARA TODAS AS FAMILIAS INTERESADAS EN COÑECER O NOSO CENTRO ESCOLAR