Convivencia

Plan de Convivencia

Plan onde se recollen as normas de convivencia do centro: 

- Dereitos e deberes de alumnado, profesorado e familias.
- Tipificación de conductas contrarias á convivencia.
- Medidas correctoras. 

Aquí está o MAIO FERMOSO E FLORIDO!

E se comezamos o mes de maio coa colocación dun ramilliño de xesta nas nosas portas, chegou agora, que o tempo nolo permitiu, o momento da elaboración de dous MAIOS, un por etapa, Infantil e Primaria. Comezamos colocando as ramas verdes e rematamos coas flores. Quedaron moi chulos!

  

Trasladámolos a pista de deportes e bailamos arredor deles cantando as nosas coplas. Foi moi divertido!

  

 

PUNTO LARANXA

Desde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar. 

Trátase dun punto físico,  que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros. Tamén contamos co punto laranxa virtual na nosa páxina web, de maneira que tamén por este medio se poden manifestar ás queixas de maneira anónima.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

No día de hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase a morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas. No colexio celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Queremos fomentar no alumnado valores como a tolerancia e o respecto mutuo entre persoas, sexa cal sexa a súa procedencia e a súa forma de pensar. Somos defensores da paz e o entendemento entre as persoas! E para demostralo bailamos no patio o Baile da Paz de Mamá Cabra.  Esta é a danza da esperanza, danza capaz de sementar paz...

 

 

 

CHARLAS PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe tivo lugar a segunda das charlas de primeiros auxilios no colexio, promovida pola ANPA e impartida por Protección Civil do concello de Oroso. Desenvolvéronse varias actuacións e técnicas para a atención urxente a un enfermo ou accidentado ou nunha situación de risco. Resultaron moi interesantes e valiosas. Dende o centro agradecemos á ANPA e a Protección Civil a organización destas charlas.

  

MURO DAS EMOCIÓNS

Hoxe comezamos no cole cun proxecto moi emocionante. Trátase da realización do "Muro das Emocións" dentro da liña Emociona-T do Contrato Programa CP-Innova. Comezamos coñecendo a apaixoada autora Clara Colorines, que nos leva ao mundo das cores, das formas e do noso estado de ánimo. Quedamos abraiados descubrindo a importancia das cores do noso entorno e de canto inflúen en nós e nas nosas emocións. Con este entusiasmo fixemos nós de artistas e levamos a cabo a nosa propia obra de arte chea de cores e formas. O proxecto rematará co pintado do muro exterior dianteiro do colexio con moitas cores e formas, para que cada mañá nos trasmitan enerxía positiva e entremos ao cole con ledicia e entusiasmo.

  

  

 

CHARLA CIBERSEGURIDADE PLAN DIRECTOR

Hoxe tivo lugar no colexio a segunda charla deste curso da Garda para o alumnado de 5º e 6º, dentro do Plan Director para a mellora da Convivencia nos Centros Escolares e os seus entornos. Nesta ocasión a temática foi a ciberseguridade. Estivemos reflexionando acerca de moitas cuestións, por exemplo o número de seguidores das RRSS (redes sociais) que non coñecemos persoalmente e cos que estamos compartindo imaxes ou informacións, que poden poñernos en perigo a nós mesmos e tamén ás nosas familias. Explicáronnos como usar as RRSS con seguridade e faláronnos dos perigos de internet. Pareceunos unha charla moi interesante e productiva. 

ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS

Este venres, 1 de decembro, trasladámonos hasta a área recreativa da Madalena en Castrofeito, O Pino, para participar na Fasa Zonal Escolar de Cross. Fomos uns sesenta nenos e nenas que o pasamos xenial!

   

Competimos cun montón de colexios e acadamos uns moi bos resultados. Fomos campións por equipos en benxamín femenino, benxamín masculino e alevín femenino. E como individuais Mateo Rosende quedou de 1º na súa categoría, Alejandra Cebreiro de 2ª na súa e Xiana Reboredo de 3ª. Non podía estar mellor!!!

  

Despois de correr, un chocolatiño quente, que por certo estaba boísimo, e a recoller os premios!

  

  

E volta para o cole mais contentos que un cuco cos nosos premios!

    

    

CHARLA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, día 24 de novembro, víspera do Día Internacional contra a Violencia da Muller, acollemos no colexio a primeira das charlas do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos. Impartida por un garda civil, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, a temática foi A violencia contra a muller. Aprendemos e reflexionamos sobre aspectos importantes e saímos convencidos de que todos, mulleres e homes, somos iguais, e todos debemos respectarnos e ser tolerantes e empáticos.

 

 

O SAMAÍN PASOU E O MAGOSTO CHEGOU!

E chegado novembro castañas asadas comemos!

Hoxe celebramos o MAGOSTO no cole. Foi unha xornada moi divertida: castañas asadas, xogos, zume...