Convivencia

ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS

Hoxe, día 17 de marzo, o noso alumnado clasificado na 2ª fase de Atletismo Campo a Través, dentro do Programa Xogade, participou na Fase Provincial do Campionato nas instalacións do Club de Campo de Ferrol, obtendo moi bos resultados. Acadamos un 3º posto da provincia por equiposobtivemos un 4º posto individual de Claudia Dono. PARABÉNS para o alumnado e o profesorado organizador! 

  

    

    

 

XOGOS TRADICIONAIS!!!

Hoxe XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS!!! Que ben o pasamos. Grazas á Asociacion Sociocultural Enredos.

   

   

   

   

PLAN DIRECTOR, ACOSO ESCOLAR

Hoxe, venres, temos con nós a Oscar, o Garda Civil que se achega ao centro para falarlle ao alumnado de 5º e 6º, nesta ocasión, sobre o ACOSO ESCOLAR/ BULLYING. Sempre resultan moi interesantes estas charlas e xurden problemáticas actuais e cercanas.

 

CARREIRA SOLIDARIA "LA VUELTA AL COLE"

Hoxe foi un DIA GRANDE NO COLE. Participamos nunha carreira solidaria para recaudar fondos para unha moi boa causa: A Investigación na LEUCEMIA INFANTIL. Pasámolo xenial correndo polos nosos patios e o importante... AS NOSAS APORTACIÓNS SUMAN MÁIS DE 1.500 €! Grazas pola colaboración.

 

 

 

COMPARTINDO A ROSALÍA NO FOGAR RESIDENCIAL DE PORTOAVIEIRA

 

Hoxe volvemos de novo ao Fogar Residencial de Portoavieira, para compartir cos residentes o Día de

Rosalía, foi un verdadeiro pracer recitar e cantar para eles, pero moito máis escoitar nas súas voces

os poemas de Rosalía que con tanto agarimos escribiu o noso alumnado.

      

           

 

      Quedamos con ganas de volver porque sempre nos tratan xenial! 

     Agradecer a Autos Grabanxa a súa colaboración desinteresada.

O COMECOCOS DAS EMOCIÓNS

Hoxe no taller de Emociona-T traballamos as emocións co xogo do COMECOCOS. Primeiro observamos e reflexionamos sobre as diferentes emocións que relacionamos con distintas CARAS e con MENSAXES que nos trasmiten. Elaboramos o noso comecocos e a XOGAR!

    

  

EEENTROIDO!!!

E chegou o DÍA GRANDE DO NOSO ANTROIDO. Emoción, nervios, risas... Que ben o pasamos! A temática, "Un cambio polo clima", inspirou os nosos disfraces: abellas, mar, horta, cabalos e paxaros. Canta imaxinación e canto colorido. PARABÉNS ÁS FAMILIAS POLO SEU TRABALLO E AGRADECEMENTO POLA COLABORACIÓN NA APORTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DESTA DATA.

Comezamos a mañá co desfile para as familias no colexio.

 

 

 

De seguido saímos polas rúas de Sigüeiro e a atoparnos cos outros colexios do concello que sempre é un pracer, o CEIP do Camiño Inglés e o CRA de Oroso.

 

Despois veu o desfile dos tres centros na alameda de Gois e para rematar... festa no colexio!

  

 

TENDAL DE PALABRAS POLA PAZ

Este é o vídeo do Tendal do Día da Paz, nel todos os grupos colaboramos escribindo as nosas palabras para a Paz, palabras que non só debían estar presentes un día ao ano se non todos os días.   

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e comezamos a mañá coa actuación do grupo de teatro de 2ºA, que representou A pelexa das cores. Despois o alumnado de 3ºA interpretou a canción Que canten los niños  e para rematar Alicia fíxonos gozar con Imagine de John Lennon. 

 

ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS

O sábado 21 de xaneiro o noso alumnado clasificado na 1ª fase de Atletismo Campo a Través, dentro do programa Xogade,  participou na seguinte fase zonal en Santiago de Compostela con moi bos resultados. PARABÉNS para o alumnado e o profesorado organizador!