Convivencia

O SAMAÍN PASOU E O MAGOSTO CHEGOU!

E chegado novembro castañas asadas comemos!

Hoxe celebramos o MAGOSTO no cole. Foi unha xornada moi divertida: castañas asadas, xogos, zume...

  

  

   

  

 

ROMARÍA FIN DE CURSO

E COLORÍN COLORADO... CASE SEN DARNOS CONTA CHEGAMOS AO REMATE DESTE 2022-2023. E para celebralo nada mellor que unha ROMARÍA. Nesta romaría non falta de nada: postos de maquillaxe, tatuaxes, colares, pulseiras, plantas, chapas, papiroflexia, globoflexia, pelotas antiestrés, robótica, flocos de millo, xogos... E por suposto música, puidemos cantar no karaoke e rematar a mañá bailando. Sen esquecernos da merendola. Grazas familias por acompañarnos e pola colaboración! SODES XENIAIS!

TODO LISTO: PLANO DOS STANDS, CARNET PARA SELAR E OS POSTOS! QUE COMECE A FESTA!!!

                                        

   

                                          

  

      

    

  

  

  

    

REMATAMOS EMOCIONADOS

Hoxe foi o último día do Programa Inclúe na liña das EMOCIÓNS. Para rematar elaboramos un precioso abano de sandía, fresquiño coma as nosas emocións, porque con tanta calor fainos moita falta. Estivemos aprendendo cousas sobre as emocións e a temperatura corporal. Sabedes que un grupo de científicos demostrou cun estudo que a LEDICIA e o AMOR soben moito a temperatura corporal? E que a TRISTURA e a DEPRESIÓN son as emocións máis frías? 

Foi EMOCIONANTE!!!

  

CHARLA MEDIO AMBIENTE - PLAN DIRECTOR

Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e no cole, o alumnado de 5º e 6º, asistimos a unha charla na que aprendemos moito e sobre todo reflexionamos sobre moitas das nosas accións que poden prexudicar ou beneficiar o noso entorno. Foi impartida por un Garda Civil dentro do programa Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos. Que importantes somos as persoas para a protección do medio ambiente!

ENQUISA de diagnose da convivencia 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 2 ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion (https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/).

Os Maios

Hoxe, 5 de maio, celebramos a Festa dos Maios no cole. Xa comezamos onte a elaboración de dous maios, un para Infantil e 1º e outro para o resto de Primaria. Foi sorprendente ver como as estructuras de madeira se iban cubrindo de ramas verdes e de flores e tornándose cada vez máis bonitas. Todo unha explosión de Primavera. Xa no día de hoxe trasladámolos á pista e cantamos as coplas á vez que xiramos arredor deles. Foi moi divertido!

    

    

O Mago VÍCTOR NOIR no cole!!!

Hoxe estivo no colexio, grazas á editorial Edelvives, o mago VÍCTOR NOIR. Da súa man puidemos viaxar a un mundo de fantasía e ilusión. Pasámolo xenial!

  

  

  

CHARLA FAMILIAS: CONFLITOS E CONVIVENCIA, XESTIÓN EMOCIONAL

No día de hoxe tivo lugar, no salón de actos do colexio, a charla para as familias promovida pola ANPA "Conflitos e Convivencia, Xestión Emocional". Estivo ao frente da mesma unha gran experta no tema, a pedagoga e guía internacional Montessori, Mercedes Urbiola. Estivo moi interesante e como todos/as estivemos participando activamente, as dúas horas que durou fixéronsenos cortas. 

  

  

UN CONTO CON NÓS

Hoxe o alumnado de 1º e 2º asistimos a unha sesión de Contacontos na que nós fomos os protagonistas. Foi no salón de actos do colexio e pasámolo xenial.