Dirección

Equipo Directivo

DIRECCIÓN: Charo Astray

XEFATURA DE ESTUDOS: Fiz Rodríguez

SECRETARÍA: Celia Moreno

INICIO DO CURSO 2023/24

O vindeiro 11 de setembro dará comezo o curso escolar 2023-2024 en Educación Infantil e Primaria en horario normal e con servizo de comedor. Lembramos que o horario do centro é de 9:45 a 14:45. Os autobuses vanse ás 15:45, menos os mércores que saen do centro ás 16:30.

Nos próximos días terán lugar as reunións informativas de inicio de curso para as familias. Consulta aquí as datas, horarios e lugares das diferentes reunións:

CURSO DÍA HORA LUGAR
4º Infantil (3 anos) 6 de setembro 11:00 Salón de Actos
5º Infantil (4 anos) 6 de setembro 10:00 Aulas
6º Infantil (5 anos) 6 de setembro 12:00 Aulas
1º Primaria  12 de setembro 17:00 Salón de Actos 
2º Primaria  19 de setembro 17:30 Salón de Actos 
3º Primaria 19 de setembro 16:00 Salón de Actos
4º Primaria 19 de setembro 16:45 Salón de Actos
5º Primaria  3 de outubro  16:30  Salón de Actos 
6º Primaria 26 de setembro 16:30 Salón de Actos

 

Reunións inicio de curso

O vindeiro 8 de setembro dará comezo o curso escolar 2022-2023 en Educación Infantil e Primaria en horario normal e con servizo de comedor. Lembramos que o horario do centro é de 9:45 a 14:45. Os autobuses vanse ás 15:45, menos os mércores que saen do centro ás 16:30.

Nos próximos días terán lugar as reunións informativas de inicio de curso para as familias. Consulta aquí as datas, horarios e lugares das diferentes reunións:

DÍA

CURSO

HORA

LUGAR



4º Infantil (3 anos)

11:00

Salón de Actos

5º Infantil (4 anos)

12:00 

Salón de Actos

6º Infantil (5 anos)

10:00

Nas respectivas aulas



1º Primaria

16:30

Salón de Actos

2º Primaria

18:00

Salón de Actos



3º e 4º de Primaria

16:30

Salón de Actos



6º de Primaria *


 

16:00

Salón de Actos



5º de Primaria *

16:00

Salón de Actos

* Nestas reunións tamén se falará do proxecto eDixgal.

Rematamos o trimestre con Melgasar, Pedro Brandariz e Os Monifates

21/12/2021 09:38

O martes 21 de decembro despediremos o trimestre cunha morea de actividades de Nadal. 

O alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria, recibirá a ansiada visita de Melgasar, o carteiro real, ao que entregarán as súas cartas. Nestas mesmas aulas, tamén contaremos coa visita de Pedro Brandariz

E para os maiores do cole, unha sesión especial cos Monifates no Salón de Actos.

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!

 

Comeza o curso escolar

09/09/2021 09:45

O vindeiro 9 de setembro dará comezo o curso escolar 2021-2022 en Educación Infantil e Primaria.

Nos vindeiros días, informaremos ás familias sobre o período de adaptación en infantil e as reunións de inicio de curso.   

Toda a información será publicada nesta web, na aplicación abalarMóbil e a través de chamadas aos números de teléfono facilitados na matrícula do alumnado. 

Un Nadal especial

Neste particular curso marcado pola Covid-19, non podiamos rematar o trimestre sen resaltar o excelente comportamento de todo o alumnado no cumprimento das medidas de seguridade establecidas no protocolo. Por iso, malia que non era posible festexar o Nadal como o viñamos facendo nos cursos pasados, si tivemos algunha sorpresiña para todo o alumnado, que ben merecido o tiña antes das vacacións de Nadal.

Agradecemos á ANPA "A Nosa Escola" a súa colaboración nestas actividades.

- Concurso de Postais de Nadal.

  

- Concerto en streaming A Fraga do meu avó (Mamá Cabra)

  

- Visita de Melgasar, o carteiro real.

  

 

- Videoconferencia "Christmas traditions in Europe" (eTwinning)

  

- Debulendo lendas galegas "Contos nunha roda" (Tarabelos)

  

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Nadal 2020

COMEZO NOVO CURSO ESCOLAR 2020-2021

O CURSO ESCOLAR 2020/2021 DARÁ COMEZO O DÍA 10 DE SETEMBRO, PARA O ALUMNADO DE 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL ( 3 e 4 ANOS) E O ALUMNADO DE 1º,2º E 3º DE PRIMARIA. 

O DÍA 11 COMEZARÁ O ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( 5 ANOS) E 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA. 

 Esta organización do comezo do curso, está marcada dende a Consellería de Educación ( publicada o luns día 31 de agosto). Toda a información en canto o comezo de curso poden atopala aquí: Comezo de curso. 

Asemesmo, nos vindeiros días,  informaremos ás familias das novidades deste curso escolar e de todo o relativo o período de adaptación en infantil, e reunións de inicio de curso.  

Toda a información será publicada nesta web, na aplicación abalar ( alumnado antigo)  e a través de chamadas aos  números de teléfono facilitados na matrícula do alumnado.