Dirección

O Nadal xa está aquí

15/12/2017 10:00

O venres comezaremos as actividades de Nadal con Concertos de Nadal para Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria no Salón de Actos, entrega de postais en Correos e coa tradicional carreira de Papá e Mamá Noeles polo entorno do colexio. 

O alumnado que queira pode traer algo relacionado coa festa: gorro ou barba de Papá Noel, unha prenda vermella...

E a próxima semana moitas actividades máis: Nadal Interactivo, representacións teatrais, actuacións musicais, recepción de Melgasar, obradoiros de maquillaxe e peiteado, mesas de Nadal con produtos típicos...

25N - Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres

Hoxe, 24 de novembro, a comunidade educativa do CEIP de Sigüeiro quixo sumarse ás conmemoracións do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres. Nos días previos, o alumnado escribiu nun gran lazo morado os sentimentos que provoca en nós a violencia: vergoña, ira, tristeza, dor, mágoa, sufrimento... Hoxe, este lazo colgouse na fachada do colexio, o alumnado do 3º ciclo leu un manifesto e un representante de cada aula volveu escribir todas estas palabras na pizarra do patio.

 

Para rematar cantamos todos xuntos a canción Pola rúa de San Pedro de Malvela. O concello tamén se sumou a esta iniciativa, agasallando a cada neno/a e profe cunha pequena mochila con cadansúa mensaxe. 

E como dicía o manifesto: Que no día a día só haxa bos tratos.

Non á violencia

Si á tolerancia

Si á igualdade

Máis imaxes no seguinte álbum.

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> 25N - Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

BENVIDOS AO CURSO 2017/18

Arrancamos un novo curso con moita ilusión e ganas de traballar polos nosos nenos/as.

Lembrade que as actividades lectivas comezan o día 11 de setembro no horario habitual de 9:45 a 14:45 e cos servizos de transporte e comedor. Xa tedes o menú do mes de setembro dispoñible.

Lembrar tamén que a reunión coas familias do alumnado de 3 anos será o venres 8 de setembro ás 10:30.

 Benvidos/as!

ENTREGA DIPLOMAS MEDIACIÓN

Este venres tivo lugar a entrega de diplomas das sesións de mediación levadas a cabo ao longo destes meses. Foi a psicóloga Montse Lata a encargada de facelo e estivo acompañada pola concelleira de educación Beatriz Rodeiro así como polo orientador do centro e a directora.