ANPA

CHARLAS PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe tivo lugar a segunda das charlas de primeiros auxilios no colexio, promovida pola ANPA e impartida por Protección Civil do concello de Oroso. Desenvolvéronse varias actuacións e técnicas para a atención urxente a un enfermo ou accidentado ou nunha situación de risco. Resultaron moi interesantes e valiosas. Dende o centro agradecemos á ANPA e a Protección Civil a organización destas charlas.

  

CHARLA FAMILIAS: CONFLITOS E CONVIVENCIA, XESTIÓN EMOCIONAL

No día de hoxe tivo lugar, no salón de actos do colexio, a charla para as familias promovida pola ANPA "Conflitos e Convivencia, Xestión Emocional". Estivo ao frente da mesma unha gran experta no tema, a pedagoga e guía internacional Montessori, Mercedes Urbiola. Estivo moi interesante e como todos/as estivemos participando activamente, as dúas horas que durou fixéronsenos cortas. 

  

  

CHEGOU O NADAL!!!

QUE PRONTO SE NOS PASOU O TRIMESTRE! E CO REMATE DO TRIMESTRE CHEGA O NADAL!

E NO COLE NO NADAL... UN MONTÓN DE DIVERTIDAS ACTIVIDADES!

- CONCURSO POSTAL NADAL POR CLASES, A GAÑADORA É ENVIADA A TODAS AS FAMILIAS. ESTE CURSO FOI O GRUPO DE 5 ANOS A. PARABÉNS!

-CONTACONTOS PARA INFANTIL, 1º E 2º, A XANELA DO MAXÍN "O APALPADOR E A NENA SEN MEDO"

-VISITA DE ALUMNADO DE 6º (Club de teatro) Á RESIDENCIA DE PORTO AVIEIRA onde interpretan unha obra de teatro e cantan e bailan unhas panxoliñas. FERMOSO E EMOTIVO!

 

-DÍA GRANDE, 22 DE DECEMBRO

MELGASAR (ANPA)

 

CÉ ORQUESTRA PANTASMA "A VOAR"

FESTIVAL DO ALUMNADO con TEATRO, polos grupos de 3º e 6º (Club de teatro), POEMA E REPRESENTACIÓN de "Festa do Bosque" de Xabier Díaz dos grupos de 2º, BAILE "Jingle bells rock" alumnado de Let´s sing a song de 4º, CANTO E BAILE "Cantiga do apalpador" de 6º, CANCIÓN INSTRUMENTAL de alumnado de música de 5º e 6º, TEMAS AO TECLADO de Adrián de 5º, PANXOLIÑA en francés de 6º e CANTO DE NADAL de Mariah Carey por Alicia de 6º (Let´s sing a song).

 

 

 

 

Actividades extraescolares 2022-2023

Actividades extraescolares para este curso:

- Zumba: luns e mércores.

- Multideporte: martes e xoves.

- Inglés: mércores.

*Todas estas actividades son en horario de 15:45 a 16:45.

Tamén temos a posibilidade de ir a judo e baile tradicional e pandeireta

Ademáis contamos con ludoteca todos os días entres as 15:45 e as 17:45.

XELIÑA FALA GALEGO

Arrancamos coas actividades para a celebración das Letras Galegas con un contacontos que nos achega a ANPA para 1º, 2º e 3º. Que ben o pasamos con Caxoto que nos ensinou dunha maneira moi divertida moitas cousas sobre Xela Arias. Chamounos a atención cando, de pequena, foi ver o mar por prmeira vez acompañada de súa avoa, que contiño tan bonito. 

  

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O século XXI debe ser o século da igualdade da muller. Contribuamos a que o sexa.   António Guterres

No noso centro levamos a cabo varias actividades para lembrar e reivindicar a igualdade entre homes e mulleres.

Coma cada curso, a ANPA organizou unha actividade na que participou todo o alumnado que quixo, escribindo o nome das mulleres da súa familia nunha folla, que despois formou parte dalgunha das tan necesarias árbores para a nosa vida, en relación co noso proxecto de centro do actual curso "Os bosques".  

 

ENAPA ACOSO ESCOLAR: ACOSADORES/AS E ACOSADOS/AS

21/01/2020 18:00

O vindeiro MARTES, 21 DE XANEIRO, terá lugar no salón de actos do colexio unha charla para as familias, sobre ACOSO ESCOLAR. Será ás 18:00 horas e estará impartida por RAMÓN MOLINA GÓMEZ. Está promovida pola ANPA en colaboración co Centro Autonómico de formación do profesorado (CAFI).

 

ENAPA Violencia de xénero

25/11/2019 17:00

O vindeiro luns, 25 de novembro, terá lugar no salón de actos do colexio unha charla para as familias, sobre Violencia de xénero. Será ás 17:00 horas. Está promovida pola ANPA en colaboración co Centro Autonómico de formación do profesorado (CAFI).