Proxecto Deportivo de Centro (PDC)

MURAL REMATADO!

Xa temos o mural listo cunha fermosa paisaxe na que figuran as once parroquias do concello de Oroso, ademais de Vilacide e Porto Avieira, os seus cinco ríos máis importantes e as altitudes máis salientables entre as que destaca o monte do Petón con 375 m. na parroquia de Senra. Nos vindeiros días este muro serviranos para montar un Rocódromo, no que poidan escalar todos os nenos, beneficiándose así das múltiples capacidades físicas e psíquicas que aporta.

  

 

CAMPO A TRAVÉS - FASE PROVINCIAL

Este venres, 6 de marzo, celebrouse en Carballo a Fase Provincial do Campionato de Campo a Través.

O circuíto estableceuse no Polígono de Bértoa, con diferentes distancias para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Do noso centro competiron os equipos das categorías Benxamín (feminina e masculina), e Infantil (masculina).

Foi unha mañá moi divertida na que os nenos e as nenas do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro realizaron un esforzo enorme do que estamos moi orgullosos e orgullosas.

Parabéns polos resultados e polo gran esforzo realizado!   

 

Equipo Benxamín Feminino: 3º clasificado.

Equipo Benxamín Masculino: 4º clasificado.

Equipo Infantil Masculino: 2º clasificado.

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> 3ª Fase - Campo a Través

CAMPO A TRAVÉS - FASE INTERCOMARCAL

Xaneiro 2020

Este sábado, 18 de xaneiro, celebrouse en Santiago de Compostela a Fase Intercomarcal do Campionato de Campo a Través.

O circuíto estableceuse no Parque Eugenio Granell con diferentes distancias para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Do noso centro competiron os alumnos e as alumnas das categorías Benxamín (feminina e masculina), Alevín (feminina) e Infantil (feminina e masculina).

A pesares da choiva, foi unha mañá moi divertida na que os nenos e as nenas do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro realizaron un esforzo enorme do que estamos moi orgullosos e orgullosas.

Parabéns polos resultados e pola actitude respectuosa e deportiva que sempre amosades!

  

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> 2ª Fase - Campo a Través

Carreira Campo a Través

Este martes, 3 de decembro, celebrouse a I Fase das Carreiras de Campo a través do programa XOGADE, en Castrofeito.

Un gran número de alumnas e de alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron para participar nesta proba. Parabéns a todos e a todas, fixéstelo xenial! 

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> 1ª Fase - Campo a Través

Carreira campo a través

03/12/2019 09:45

Aprázase a I Fase das Carreiras de Campo a través do programa Xogade prevista para este venres 29 de novembro en Castrofeito. A nova data será o martes 3 de decembro.

Recreos lúdicos

A partir do mes de outubro comezamos a dinamizar os tempos de lecer con diferentes actividades durante o recreo

- Luns: Fútbol para 1º e 4º de Primaria. 

-Martes: Hortorecreos e fútbol para 2º e 5º de Primaria.

- Mércores: Hortorecreos e fútbol para 3º e 6º de Primaria.

- Xoves: Botamos un baile? no pavillón e día sen balón no patio.

-Venres: Let's Sing A Song na aula de inglés e día sen fútbol no patio. 

 

Ademais...

Toda a semana: caixón de xogos populares e de mesa, e lectura e empréstito de libros na biblioteca.

Tenis de Mesa

Setembro 2019

Durante esta semana do 17 de setembro, o alumnado do cole desfrutou dunha sesión de tenis de mesa dirixida polos compañeiros e compañeiras do Club Oroso TM.

Deste xeito acercamos a práctica deportiva ós nosos alumnos e ás nosas alumnas a través da axuda dos clubs da contorna.

 

Exhibición Hóckey

Hoxe, xoves día 12 de setembro do 2019, o alumnado do centro foi partícipe dunha exhibición de hóckey a patíns no pavillón do centro.

Co ánimo de acercar o deporte ós nenos e ás nenas co CEIP Plurilingüe de Sigüeiro, tamén tiveron a oportunidade de ver a antigos compañeiros e compañeiras do colexio que seguen practicando esta modalidade.

Estivo xenial!

      

Circuito de xogos no pavillón

E como onte o mal tempo impedía levar a cabo a xa tradicional Festa da Auga, esta substituíse por un circuíto de xogos no pavillón no que non faltaba de nada. O alumnado pasou por grupos polas diferentes probas. Agradecemos a colaboración da Asociación Diver-Cida que preparou a actividade.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Circuito de xogos no pavillón

Visita da SD Compostela

O pasado venres, dous xogadores da SD Compostela visitaron o noso centro e conversaron con nós sobre como foi a súa traxectoria ata chegar ao seu actual equipo, ou como é o día a día no seu traballo. Eles eran Álvaro Casas, natural de Santiago de Compostela, e Aythami Perera, xogador canario que vive en Galicia a súa primeira experiencia fóra das illas.

   

                                                      

Con eles, tamén abordamos outras cuestións, como os hábitos de alimentación, as horas de descando ou a violencia no deporte. Para rematar fixemoslles moitas preguntas e convidaronnos a ir velos ao estadio Vero Boquete de San Lázaro no seu partido do domingo contra o Boiro.