Educación Artística

3D Olympic medals

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, na materia de Arts & Crafts, deseñamos unhas medallas olímpicas coa aplicación Tinkercad. Despois imprimímolas coa impresora 3D, pintámolas de dourado e prateado e puxémoslles unha cinta.

Finalmente, para sentirnos verdadeiros medallistas olímpicos, sacamos fotos diante da pantalla de chroma e eliximos diferentes fondos. Aquí o resultado:

Álbum: Curso 2023 - 2024 -> 3D Olympic medals

Chaveiros coa impresora 3D

Na materia de Arts & Crafts, usamos a aplicación Tinkercad para deseñar uns chaveiros cos nosos nomes e despois imprimímolos coa impresora 3D. 

 

 

 

 

CORES PARA A ESCLEROSE

 A  Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, para conmemorar o Día Mundial desta enfermidade, que se celebra o 30 de maio de cada ano, organizou a campaña Cores para a Esclerose. Unha das actividades estaba enfocada ao alumnado de Primaria que podía participar nun concurso de debuxo. Algún do noso alumnado tamén quixo sumarse a esta boa causa aportando o seu debuxo. Entre os participantes dúas alumnas nosas resultaron finalistas, o que significa que o seu debuxo formará parte dun calendario que promoverá a Asociación no vindeiro curso. As alumnas son Alicia Fernández Fuentes de 4º C e María Colinas Bello de 6º A, ás que a xefa de estudos fixo entrega do correspondentre diploma. Parabéns!

 

A miña familia cavernícola

Comezamos a aventura de viaxar a través do tempo achegándonos ao Paleolítico da man do noso alumnado de 6º de Infantil. Cun pouco de imaxinación, recrearon como sería a súa familia se vivisen na Idade de Pedra. Ademais, tamén se puxeron na pel dos nosos antepasados para decorar as paredes do colexio con estas pinturas rupestres. Bo traballo artistas!

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Unha viaxe a través do tempo (A Prehistoria)

O labirinto do Minotauro

Os alumnos/as de 4º crearon uns labirintos moi orixinais usando diferentes materiais. Neles agóchase o tan temido Minotauro. Logrará o valente Teseo saír do labirinto coa axuda do novelo de fío que lle dou Ariadna? Podedes comprobar este dato e moitos máis na seguinte actividade.

   

Picasso y el Guernica

Un traballo dunha alumna de 6º sobre Picasso e unha das súas obras máis coñecidas: o Guernica.

Parabéns!!!

 

LAND ART MATHS con ÁNGEL ALSINA

Esta semana visitounos ÁNGEL ALSINA! Que ... quen é? Pois nada máis e nada menos que un investigador internacional en Educación Matemática. Estivo co alumnado de Infantil onde coa colaboración das familias e coa participación de todo o equipo docente, se levou a cabo unha xornada LAND ART con pensamento matemático. Despois de ter seleccionado e clasificado distintos materiais da contorna, nesta sesión os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos mesturados e divididos en equipos, traballaron colaborativamente realizando produccións artísticas. Posteriormente coa axuda de Ángel e das mestras de Infantil, tivo lugar unha sesión de reflexión observando formas, series, regularidades, cantidades...