Educación Física

ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS EN PORTO DO SON

O alumnado clasificado na 1ª fase da proba de atletismo campo a través, desprazouse hoxe ata Porto do Son para particiar na Fase provincial. Foi unha xornada emocionante na que non acadamos premios pero obtivemos moi bos resultados. Parabéns aos nenos e nenas participantes, que o fixeron moi ben!

ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS

Este venres, 1 de decembro, trasladámonos hasta a área recreativa da Madalena en Castrofeito, O Pino, para participar na Fasa Zonal Escolar de Cross. Fomos uns sesenta nenos e nenas que o pasamos xenial!

   

Competimos cun montón de colexios e acadamos uns moi bos resultados. Fomos campións por equipos en benxamín femenino, benxamín masculino e alevín femenino. E como individuais Mateo Rosende quedou de 1º na súa categoría, Alejandra Cebreiro de 2ª na súa e Xiana Reboredo de 3ª. Non podía estar mellor!!!

  

Despois de correr, un chocolatiño quente, que por certo estaba boísimo, e a recoller os premios!

  

  

E volta para o cole mais contentos que un cuco cos nosos premios!

    

    

ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS

Hoxe, día 17 de marzo, o noso alumnado clasificado na 2ª fase de Atletismo Campo a Través, dentro do Programa Xogade, participou na Fase Provincial do Campionato nas instalacións do Club de Campo de Ferrol, obtendo moi bos resultados. Acadamos un 3º posto da provincia por equiposobtivemos un 4º posto individual de Claudia Dono. PARABÉNS para o alumnado e o profesorado organizador! 

  

    

    

 

XOGOS TRADICIONAIS!!!

Hoxe XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS!!! Que ben o pasamos. Grazas á Asociacion Sociocultural Enredos.

   

   

   

   

CARREIRA SOLIDARIA "LA VUELTA AL COLE"

Hoxe foi un DIA GRANDE NO COLE. Participamos nunha carreira solidaria para recaudar fondos para unha moi boa causa: A Investigación na LEUCEMIA INFANTIL. Pasámolo xenial correndo polos nosos patios e o importante... AS NOSAS APORTACIÓNS SUMAN MÁIS DE 1.500 €! Grazas pola colaboración.

 

 

 

FROITA E LEITE NO RECREO!

Damos comezo, un curso máis, ao Programa de Consumo de Froita e Leite no RECREO, subvencionado pola Consellería de Medio Rural e polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria). O alumnado poderá dispoñer de froita fresca e leite (pequeno brick) nos recreos de certos períodos do curso. Entre outros obxectivos queremos mellorar os hábitos alimenticios do noso alumnado facendo que sexan máis sans e equilibrados.

No noso colexio ademais aportámoslle froita para o resto do curso, é dicir teñen a opción do seu consumo durante todo o curso.

  

ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS

O sábado 21 de xaneiro o noso alumnado clasificado na 1ª fase de Atletismo Campo a Través, dentro do programa Xogade,  participou na seguinte fase zonal en Santiago de Compostela con moi bos resultados. PARABÉNS para o alumnado e o profesorado organizador!

  

  

Carreira campo a través - I fase

Este venres, 2 de decembro, celebrouse a I Fase das Carreiras de Campo a través do programa XOGADE, en Castrofeito.

Un gran número de alumnas e de alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron para participar nesta proba. Parabéns a todos e a todas, fixéstelo xenial! 

  

Álbum: Curso 2022 - 2023 -> Campo a través

ROCÓDROMO ACABADO E ESTREADO!

Acabado o ROCÓDROMO había que estrealo. Na clase de E. Física parte do alumnado do colexio estivo a probalo. A escalada favorece as habilidades físicas, sociais e psicolóxicas dos nenos e nenas;mellora a coordinación psicomotriz e a lateralidade, a axilidade e o equilibrio, axiliza o pensamento e a toma de decisións, mellora a concentración e a atención, axuda a superarse e gañar confianza es si mesmos e nos compañeiros mellorando a autoestima, promove a cooperación... Proba superada, estivo xenial!

  

  

SEMANA DOS XOGOS POPULARES

Anda que anda, case sen darnos conta chegamos á penúltima semana do curso, semana que imos dedicar aos xogos populares. Grazas a Cándido Mascato e ao Concello de O Grove podemos contar cunha colección de 25 xogos durante toda a semana. O alumnado poderá divertirse con xogos como: mourón das ras, solitario celta, taboleiro do gato, xogo dos castelos, laberinto cooperativo, mourón da cruz, argolas no tallo, colgadoiro de ferraduras... A pasalo ben nenos e nenas que o curso remata!!! 

  

                                             

  

  

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Xogos Populares