Valores

DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ao longo desta semana acompañáronnos no centro uns amigos da Empresa Integra, que promove a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade. Durante tres días desenvolveron actividades para o alumnado de 1º e 2º ciclo. O obxectivo sensibilizar sobre a DIVERSIDADE FUNCIONAL.

Os niveis de 1º e 2º traballaron o conto "Por catro esquiniñas de nada". A través del descubriron valores como a amizade, a aceptación, a superación, a autoestima, o respecto ás diferenzas, a diversidade...  e  puideron tomar conciencia das discapacidades.

 

 

O alumnado de 3º e 4º niveis estivo vendo e dinamizando o conto "Cro Cro na escola dos  esqueletes". Puido comprobar como as diferencias son moi enriquecedoras e favorecedoras para nós e a nosa contorna. 

 

 

 

Malala

Os nenos/as de 2ºA e 2º B leron o libro "Malala por el derecho de las niñas a la educación" (editorial Blume). Este libro narra a historia da activista Malala Yasafzai, Premio Nobel da Paz en 2014, no que se relata a súa experiencia vital, marcada pola guerra e polas dificultades das nenas e mulleres (sobre todo referido ao mundo da educación) na rexión de Pakistán de onde procede.

 

Despois da lectura e reflexión sobre este libro, elaboramos un mural.

"Un niño, un maestro, un libro y un lápiz pueden cambiar el mundo" Malala.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Malala

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

  “La paz es hija de la convivencia, la educación y el diálogo”: Rigoberta Menchú, premio Nobel de Paz.

Hoxe, 30 de xaneiro, é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, que morreu asasinado en 1948 na India. Foi un gran loitador que empregou todo tipo de estratexias, pero nunca a violencia. Detestaba as inxustizas e defendía a xente máis débil. 

No colexio quixemos celebrar este día cun pequeno acto, no que cada nivel nos mostrou o mellor dalgún persoeiro, que dalgunha maneira traballou en prol da PAZ. O alumnado de 3º A agasallounos cunha fermosa versión da canción "No dudaría", que nos invitou a reflexionar para non empregar nunca a violencia. Así mesmo algúns dos alumnos/as de 6º B, nos interpretaron o tema "Imagine" de John Lenon, en francés e inglés, sen dúbida unha das cancións que máis representa a unión de culturas. Noraboa a todos/as!!!

              

Máis fotos no seguinte álbum.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O día 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidadeos nenos e nenas de 2ºB visionaron a curtametraxe "Cuerdas" que trata o tema da discapacidade.

Logo de ver o video, estivemos falando sobre esta tenra historia. Fixemos unha chuvia de ideas do que era para nós a discapacidade. Como actuariamos se fósemos María, a nena protagonista da historia? entre outras moitas máis que xurdiron durante a sesión.

A través desta curta pretendemos fomentar a inclusión dentro da aula.

  

Presentacións Día da Muller

Con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora, dúas alumnas de 6ºB prepararon e expuxeron sendas presentacións sobre o tema. Aquí volas deixamos. Bo traballo rapazas!

Paz 2018

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Non quixemos no CEIP de Sigüeiro esquecer esta importante efeméride, xa que os nenos/as de hoxe son os adultos de mañá que poden cambiar o mundo. Por iso engalanamos o valado que separa os patios de Infantil e Primaria con tiras de bolsa branca nas que previamente escribimos palabras e mensaxes de paz. O noso obxectivo, que estas verbas non as leve o vento, senón que perduren e non se esquezan nunca!

  

    

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Paz 2018