Mellora da Competencia Matemática: COOKMAT

MATES CON ZAPATOS

Na xornada de hoxe MATES CON ZAPATOS!!! Que está de moda??? O que se leva, a roupa.... Pois a través dos nosos propios zapatos, descubrimos e interpretamos termos estatísticos e probabilísticos; ademais de empregar os diagramas como ferramenta para rexistrar os datos.

MODA, MEDIA e RANGO; témolo claro! Estamos máis que SEGUROS que non esqueceremos a interacción cos zapatos no día de hoxe porque é moi PROBABLE que nos sorprenderan tantas mates nos ZAPATOS!!!

    

    

PLANIFICANDO A VIAXE DE FIN DE CURSO!

Nas últimas xornadas estivemos PLANIFICANDO, ESTIMANDO E CALCULANDO... o que??? Algo moi significativo... a nosa viaxe e comida de Fin de Curso!

O primeiro, traballo en equipo: observamos catálogos, discriminamos lugares, prezos... e tomamos decisións. A continuación estimamos, calculamos e comprobamos na calculadora. Por último pasámoslle os presupostos a dirección... solo queda esperar se algún é aprobado e podemos rematar o curso ao grande!!!

    

    

A CALCULADORA FALA!

Nesta xornada a través da resolución de problemas, empregamos a ferramenta da calculadora e os números decimais en contexto, ademais dun pouquiño de MAXIA... E para rematar, como a estes nenos e nenas non se lle resiste nada, estivemos inventando e redactando os nosos propios problemas máxicos!

 

 

COCIÑANDO FRACCIÓNS!

Que son as fraccións? Pois iso estivemos aprendendo... Cociñamos identificando e comparando estes números racionais. Buscamos as representacións equivalentes e descubrimos as distintas descomposicións da unidade. Moi divertido!

 

 

 

CHULETÓN... PRIMOS

Esta semana en CookMat tocou traballar con números primos. Non son fillos de meu tío, PRIMOS é de PRIMEIROS. Así de pronto parecíanos algo mooooi difícil pero nada diso! Ata vimos criterios de divisibilidade!

  

CHULETÓN... das TÁBOAS DE MULTIPLICAR!

Comprendendo... a operación de MULTIPLICAR. Para iso, observamos e descubrimos propiedades da mesma (commutativa e asociativa)... Utilizamos LACASITOS! Que guay!

  

SESIÓN MATEMAXIA

Esta semana comezamos o Programa CookMat. Resultounos moi divertido, estamos aprendendo matemáticas pero... parece que estamos xogando!. Estivemos mesturando as mates coa maxia. Chegamos á conclusión de que a maxia non existe.... Simplemente con dados, deducindo regularidades matemáticas, facendo uso da Aritmética...! Iso é Maxia!

 

Mates con... caramelos

O alumnado de 4º comezou os primeiros talleres CookMat cunha tarefa moi doce:

Mates con... caramelos!

Seguide os seus avances no blog CookMat

I Congreso "Aliméntate ben"

Hoxe o Palacio de congresos e exposicións de Santiago de Compostela, acolleu o I Congreso "Aliméntate ben", no que diferentes centros educativos presentaron os seus traballos para fomentar a alimentación saudable. Ata alí se desprazaron as mestras do noso centro María Salgado e Pilar Rivas, que compartiron as súas experiencias coa alimentación e a cociña na etapa de Educación Infantil no CEIP de Sigüeiro, e que podedes seguir nesta web e no seu blog: Eu cociño, ti cociñas

 

Presentación e Concerto de "Eu cociño, ti cociñas" na Feira do Libro de Compostela

03/05/2018 19:00
03/05/2018 20:00

O xoves 3 de maio, ás 19:00h, Gloria Mosquera (que fora mestra e directora no CEIP de Sigüeiro) estará co seu grupo Mamá Cabra presentando na Feira do Libro de Compostela, no parque da Alameda, o seu último traballo Eu cociño, ti cociñas. Este album está inspirado no proxecto impulsado polas mestras do noso cole María Salgado e Pilar Rivas sobre cociña e alimentación saudable coa colaboración do alumnado e das familias e que podedes seguir nesta web e no seu blog.