Mellora da Competencia Matemática: COOKMAT

Cociñando rosquillas

Hoxe o alumnado de 6º de Infantil e o de 6º de Primaria xuntáronse para unha misión moi doce: cociñar unhas rosquillas de Antroido.

Pero primeiro hai que lavar as mans, escribir a receita, procurar os ingredientes e preparar todos os utensilios.

  

Despois toca mesturar os ingredientes, amasar e facer as rosquillas. Por último fritir en abundante aceite e espolvorear con azucre moído. O resultado, unhas saborosas rosquillas!!!! 

 

Máis fotos no seguinte álbum

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Cociñando rosquillas

ALMORZO CON BEIZOS BRANCOS

Grazas á Obra Social "la Caixa" e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, levouse a cabo no colexio a actividade "Almorzo con beizos brancos" para o alumnado de 4º de Primaria, participante no proxecto Cookmat. Os obxectivos son sensibilizar aos nenos/as sobre a importancia que ten almorzar todos os días dunha maneira completa e saudable así como dar a coñecer o sistema productivo do leite. Contou cunha parte teórica e unha práctica na que todos/as degustaron dúas mandarinas, un vaso de leite enteiro con cacao puro e pan galego con aceite de oliva. Hmmm! Canto lles gustou!

CookMat

CookMat é un taller que pretende contribuir á aprendizaxe matemática en 4º de Educación Primaria, dende a perspectiva da Educación Matemática Realista (Freudenthal, 1971).

As matemáticas están presentes nas aulas de Primaria, onde se sentan as bases do coñecemento matemático (NCTM, 2003). O seu tratamento nestes niveis é, en moitas ocasións, difuso e a adquisición dos obxectivos establecidos no currículo é difícil de avaliar.

Así pois, CookMat non será un simple transmisor de información, irá máis aló, creando contextos de acción e permitindo ao alumnado actuar, xa que a actividade mental está baseada nas experiencias (Rowan y Bourne, 1999). Todos os coñecementos matemáticos estarán conectados e contextualizados, partindo de materiais manipulables e obxectos, en particular alimentos, da contorna, para a partir de aí abstraer o coñecemento e poder xeneralizar e ver o mundo de moitas maneras diferentes.

Podedes seguir as experiencias que se están a realizar neste taller no seguinte blog:

https://cookmat.blogspot.com.es/