CookMat

CookMat é un taller que pretende contribuir á aprendizaxe matemática en 4º de Educación Primaria, dende a perspectiva da Educación Matemática Realista (Freudenthal, 1971).

As matemáticas están presentes nas aulas de Primaria, onde se sentan as bases do coñecemento matemático (NCTM, 2003). O seu tratamento nestes niveis é, en moitas ocasións, difuso e a adquisición dos obxectivos establecidos no currículo é difícil de avaliar.

Así pois, CookMat non será un simple transmisor de información, irá máis aló, creando contextos de acción e permitindo ao alumnado actuar, xa que a actividade mental está baseada nas experiencias (Rowan y Bourne, 1999). Todos os coñecementos matemáticos estarán conectados e contextualizados, partindo de materiais manipulables e obxectos, en particular alimentos, da contorna, para a partir de aí abstraer o coñecemento e poder xeneralizar e ver o mundo de moitas maneras diferentes.

Podedes seguir as experiencias que se están a realizar neste taller no seguinte blog:

https://cookmat.blogspot.com.es/