Organización

Organización da Biblioteca

GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA

O Equipo da Biblioteca elaborou esta guía de usuarios. Clicando nos distintos apartados podedes ver a nosa organización e funcionamento.

APERTURA BIBLIOTECA

O vindeiro día 2 de outubro abre a biblioteca en horario de mañá e tarde. Nela poderemos desfrutar de todos os recursos dispoñibles nos diferentes espazos de lectura e creativos.

Esperámosvos!

  

 

VOLTAMOS Á BIBLIOTECA!

Chegado outubro a biblioteca abre as súas portas para que poidamos adentrarnos nun mundo fantástico cheo de aventuras. Pola mañá ou pola tarde de luns a xoves de 16:00 a 18:00 h., espéranos Nica para ofrecernos un montón de historias que nos encherán de ledicia.

 

De momento teremos que continuar gardando certas medidas de seguridade como: o aforo durante as tardes estará limitado a 5 nenos/as á vez, non poderán acceder as familias, o alumnado de máis de 6 anos deberá ir con máscara ou hixiene de mans. ESPERÁMOSVOS!

 

 

Arrancan as tardes da biblioteca...

O vindeiro día 19 de outubro, a noria da biblioteca comezará a xirar levándonos a lugares máxicos cheos de emocións. Sobes?

 

Protocolo COVID: Aforo limitado a 5 nenos/as, as familias non poden acceder ao interior, uso obrigatorio de máscara, hixiene de mans na entrada e na saída, distancia de seguridade...

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Biblioteca

Mochilas Viaxeiras

Emprendemos unha nova viaxe polo mundo das palabras.

Como en toda viaxe, precisamos unha mochila na que levar o necesario. Por iso Nica, xa ten todo preparado para que, unha vez máis, podamos vivir un sinfin de aventuras, emocións e ratos inolvidables en familia. Este curso, ademais dos libros apaixoantes, tamén atoparemos xogos para estimular o enxeño e poñer a proba a nosa creatividade.

Con cada libro que abrimos iniciamos unha nova viaxe. 

Apúntaste?

 

2ª Xornada de Intercambio Solidario

Xa non hai dúbida de que as nosas nenas e nenos forman parte dese mundo que debemos crear entre todos onde a solidariedade e cooperación teñan un lugar privilexado. E así o amosaron novamente este sábado xunto coas súas familias.

.

Con estas imaxes só nos queda dárvolas gracias!

E os libros que quedaron......

Doámolos a unha ONG en colaboración co IES de Oroso

Os nosos libros aíndan teñen moitas historias que compartir.

 

1ª Xornada do Intercambio Solidario

Todo un éxito esta xornada de Intercambio Solidario! 

Ata a climatoloxía quixo contribuir coa súa mellor cara agasallándonos cun ceo azul e un enorme Sol.

Moitos foron os nenos e nenas que se achegaron ó centro acompañados das súas familias e cargados, non só de alimentos, se non tamén dunha gran ilusión que podiamos ver reflexada nos seus rostros. 

Porque  Xenerosidade e Solidariedade forman parte desas palabras con maiúscula que deben ter un lugar destacado na nosa escola  para transformarse neses aprendizaxes competencias imprescincibles para a vida.

Graciñas Familias! Porque isto non sería posible sen vós.

Todos aqueles/as que non puidestes achegarvos non vos preocupedes, porque este sábado repetimos de 11:30 a 13:30 na Praza do Concello.

 

 

Intercambio Solidario

Rir, gozar, imaxinar, compartir, debuxar, crear,.....son verbas que asociamos coa lectura de historias posibles ou fantásticas que nos transportan no tempo e no espazo a aquelas realidades coas que nos gusta soñar.

Por iso na biblioteca andamos a renovar os nosos fondos na procura de novas aventuras.

Pero pensamos que un libro ten tantas vidas coma  lectores e se esa nova vida podemos darlla a  través dunha actividade solidaria é outra desas boas historias para compartir entre todos/as.

 

 

Este martes 17 e o sábado 21, intercambiaremos con todos/as vós "Libros por Alimentos". O recollido entregarase ós servizos sociais do Concello de Oroso, quen colabora con nós na súa xestión.

Hai unha historia agardando por vós! 

 

COMEZAMOS!

 

Benvidos a todos e todas dende a biblioteca do centro.

Un novo curso comeza e Nica ven con enerxía e co firme propósito de acadar novos lectores e lectoras ávidos de mergullarse nas apaixoantes historias que garda nos seus andeis.

E para iso, comezamos cun montón de novidades;

Contamos con dous novos espazos onde disfrutar relaxadamente das lecturas escollidas ven en solitario ou compartíndoas con algún compañeiro/a.

E para que podades estrealas, contamos cunha selección de banda deseñada infantil e xuvenil da que disfrutar todo este mes. Non a deixedes escapar!

Agardámosvos

REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA

A biblioteca do noso centro pertence a esta rede, polo que podedes consultar o catálago da bibliteca a través da web.

Soamente teredes que acceder a esta páxina http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CEC001e realizar a búsqueda que vos interese segundo diferentes criterios; autor, título, materia,.... tamén tedes información sobre os materiais máis emprestados e sobre os novos fondos esixtentes.