Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos

CHARLA GARDA CIVIL ACOSO ESCOLAR

Hoxe tivo lugar no colexio a segunda charla deste curso da Garda Civil dentro do Plan Director para a mellora da Convivencia nos Centros Escolares e os seus entornos. Nesta ocasión a temática foi o ACOSO ESCOLAR para o alumnado de 5º e 6º. Estivemos reflexionando sobre diversas situacións que se dan, con maior ou menor frecuencia, no colexio; sobre as consecuencias das mesmas e a importancia da EMPATÍA. Vimos varios videos para concienciarnos e aprender a observar e diferenciar as actuacións conflictivas que vemos no noso entorno.

 

 

CHARLA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, día 24 de novembro, víspera do Día Internacional contra a Violencia da Muller, acollemos no colexio a primeira das charlas do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos. Impartida por un garda civil, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, a temática foi A violencia contra a muller. Aprendemos e reflexionamos sobre aspectos importantes e saímos convencidos de que todos, mulleres e homes, somos iguais, e todos debemos respectarnos e ser tolerantes e empáticos.

 

 

CHARLA MEDIO AMBIENTE - PLAN DIRECTOR

Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e no cole, o alumnado de 5º e 6º, asistimos a unha charla na que aprendemos moito e sobre todo reflexionamos sobre moitas das nosas accións que poden prexudicar ou beneficiar o noso entorno. Foi impartida por un Garda Civil dentro do programa Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos. Que importantes somos as persoas para a protección do medio ambiente!

CHARLA CIBERSEGURIDADE

Hoxe tivo lugar no colexio a segunda charla deste curso da Garda Civilchar dentro do Plan Director para a mellora da Convivencia nos Centros Escolares e os seus entornos. Nesta ocasión a temática foi a ciberseguridade para o alumnado de 5º e 6º. Estivemos reflexionando acerca de moitas cuestións, por exemplo o número de seguidores das RRSS (redes sociais) que non coñecemos persoalmente e cos que estamos compartindo imaxes ou informacións, que poden poñernos en perigo a nós mesmos e tamén ás nosas familias. Explicáronnos como usar as RRSS con seguridade e faláronnos dos perigos de internet. Pareceunos unha charla moi interesante e productiva. 

Charla Garda Civil

Hoxe, luns 28 de novembro, puxemos o broche final ás actividades da conmemoración do 25N. Ademais da obra de teatro representada polo alumnado de 6º "Pepe e Pepa" tivo lugar unha charla que nos ofreceu a Garda Civil, para o alumnado de 5º e 6º, dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos". A temática xirou arredor da violencia de xénero. A educación é unha ferramenta fundamental para a eliminación da violencia contra as mulleres. Falouse de cuestións tan importantes como o respecto, a tolerancia, a confianza ... e comprendemos que mozos e mozas somos iguais e temos os mesmos dereitos.

 

Charla da Garda Civil sobre ciberseguridade

Sabedes que é o "sexting", como usar as RRSS (redes sociais) con seguridade ou os perigos de internet? O alumnado de 5º e 6º de Primaria xa o sabe grazas á charla do Plan Director para a mellora da Convivencia nos Centros Escolares e os seus entornos da Garda Civil que hoxe impartiron no noso centro.

Fíxonos reflexionar acerca do número de seguidores das RRSS que non coñecemos persoalmente e cos que estamos compartindo imaxes ou informacións que poden poñernos en perigo a nós mesmos e tamén ás nosas familias. Pareceunos unha charla moi interesante e productiva. 

 

Charla Garda Civil

Hoxe, xoves 2 de decembro, tivo lugar no salón de actos do noso centro unha charla que nos ofreceu a Garda Civil, para o alumnado de 5º e 6º, dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos". Neste caso, a temática xirou arredor da violencia de xénero. A educación é unha ferramenta fundamental para a eliminación da violencia contra as mulleres. Falouse de cuestións tan importantes como o respecto, a tolerancia, a confianza ... e comprendemos que mozos e mozas somos iguais e temos os mesmos dereitos.