Educación Física

SEMANA DOS XOGOS POPULARES

Anda que anda, case sen darnos conta chegamos á penúltima semana do curso, semana que imos dedicar aos xogos populares. Grazas a Cándido Mascato e ao Concello de O Grove podemos contar cunha colección de 25 xogos durante toda a semana. O alumnado poderá divertirse con xogos como: mourón das ras, solitario celta, taboleiro do gato, xogo dos castelos, laberinto cooperativo, mourón da cruz, argolas no tallo, colgadoiro de ferraduras... A pasalo ben nenos e nenas que o curso remata!!! 

  

                                             

  

  

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Xogos Populares

David Navarro con nós

Hoxe acompañounos no colexio David Navarro ex xogador do Obradoiro. Presentounos o seu libro "O Soño de Liam" e firmou os exemplares que tiñamos. Aprendemos que os soños se os perseguimos pódense cumprir. Grazas David

 

 

MURAL REMATADO!

Xa temos o mural listo cunha fermosa paisaxe na que figuran as once parroquias do concello de Oroso, ademais de Vilacide e Porto Avieira, os seus cinco ríos máis importantes e as altitudes máis salientables entre as que destaca o monte do Petón con 375 m. na parroquia de Senra. Nos vindeiros días este muro serviranos para montar un Rocódromo, no que poidan escalar todos os nenos, beneficiándose así das múltiples capacidades físicas e psíquicas que aporta.

  

 

CAMPO A TRAVÉS - FASE PROVINCIAL

Este venres, 6 de marzo, celebrouse en Carballo a Fase Provincial do Campionato de Campo a Través.

O circuíto estableceuse no Polígono de Bértoa, con diferentes distancias para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Do noso centro competiron os equipos das categorías Benxamín (feminina e masculina), e Infantil (masculina).

Foi unha mañá moi divertida na que os nenos e as nenas do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro realizaron un esforzo enorme do que estamos moi orgullosos e orgullosas.

Parabéns polos resultados e polo gran esforzo realizado!   

 

Equipo Benxamín Feminino: 3º clasificado.

Equipo Benxamín Masculino: 4º clasificado.

Equipo Infantil Masculino: 2º clasificado.

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> 3ª Fase - Campo a Través

CAMPO A TRAVÉS - FASE INTERCOMARCAL

Xaneiro 2020

Este sábado, 18 de xaneiro, celebrouse en Santiago de Compostela a Fase Intercomarcal do Campionato de Campo a Través.

O circuíto estableceuse no Parque Eugenio Granell con diferentes distancias para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Do noso centro competiron os alumnos e as alumnas das categorías Benxamín (feminina e masculina), Alevín (feminina) e Infantil (feminina e masculina).

A pesares da choiva, foi unha mañá moi divertida na que os nenos e as nenas do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro realizaron un esforzo enorme do que estamos moi orgullosos e orgullosas.

Parabéns polos resultados e pola actitude respectuosa e deportiva que sempre amosades!

  

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> 2ª Fase - Campo a Través

Carreira Campo a Través

Este martes, 3 de decembro, celebrouse a I Fase das Carreiras de Campo a través do programa XOGADE, en Castrofeito.

Un gran número de alumnas e de alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron para participar nesta proba. Parabéns a todos e a todas, fixéstelo xenial! 

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> 1ª Fase - Campo a Través

Carreira campo a través

03/12/2019 09:45

Aprázase a I Fase das Carreiras de Campo a través do programa Xogade prevista para este venres 29 de novembro en Castrofeito. A nova data será o martes 3 de decembro.

Tenis de Mesa

Setembro 2019

Durante esta semana do 17 de setembro, o alumnado do cole desfrutou dunha sesión de tenis de mesa dirixida polos compañeiros e compañeiras do Club Oroso TM.

Deste xeito acercamos a práctica deportiva ós nosos alumnos e ás nosas alumnas a través da axuda dos clubs da contorna.

 

Exhibición Hóckey

Hoxe, xoves día 12 de setembro do 2019, o alumnado do centro foi partícipe dunha exhibición de hóckey a patíns no pavillón do centro.

Co ánimo de acercar o deporte ós nenos e ás nenas co CEIP Plurilingüe de Sigüeiro, tamén tiveron a oportunidade de ver a antigos compañeiros e compañeiras do colexio que seguen practicando esta modalidade.

Estivo xenial!

      

Exhibición Hóckey

12/09/2019 11:35

Exhibición de hóckey a patíns para o alumnado do centro.

Hora: 13:00

Lugar: pavillón