Dirección

Contidos educativos na G2 e en CLAN_tve

A CRTVG, a través da súa canle G2, amplia a súa programación educativa de luns a venres, de 10:00 a 13:30, para apoiar os estudantes galegos en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional:

10:00

Os Bolechas One, Two, Three.

 

 

 

 

 

 

10:30

O Teacher dos Bolechas. Ademais de impartir clases de inglés, chamará aos Bolechas para saber como están pasando estes días na casa.

10:50

Érase unha vez... os exploradores / Érase unha vez ... o home.

11:40

Aquelando na casa. Programa de divulgación científica.

11:55

O Sabedoiro. Espazo educativo en directo con obradoiros.

- Luns: Ciencias naturais e educación física.

- Martes: Inglés, manualidades e baile.

- Mércores: Lingua Galega e música.

- Xoves: Matemáticas e inglés.

- Venres: Ciencias Sociais e manualidades.

12:50

Xeoclip e Meteoxenios. Microespazos didácticos con contidos de xeoloxía, bioloxía, xeografía e historia destinados a alumnado de Secundaria e Bacharelato.

13:05

Ben falado. Espazo de promulgación da lingua galega.

13:10

Criaturas. 

Por outra banda, en CLAN Tve e la2, a programación educativa comeza ás 9:00 e remata ás 14:00h abranguendo unha materia cada día e unha franxa de idade cada hora. Consultade o horario para cada área e idade:

SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS

A falta de aulas presenciais, as ferramentas informáticas a disposición da comunidade educativa son:

Aula virtualhttps://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro/aulavirtual/ No momento no que a plataforma pida usuario/contrasinal, se non dispoñen de datos de acceso, poderán entrar como convidado/a. 

EVA (Edixgal)https://eva.edu.xunta.gal/login/index.php (Só 5º e 6º de Primaria)

Páxina web do centro e abalarMóbil: Principais canles de comunicación entre profesorado e familias para estar informado de calquera novidade.

#EstamosConVós

Nestes momentos decatámonos do importante que son unha aperta, unha mirada e unhas palabras de ánimo para seguir adiante. Somos conscientes do grande esforzo que estades facendo quedando na casa e, por iso, queremos dicirvos que o estades facendo xenial, que vos botamos de menos e que estamos con vós! 

Suspensión das clases

16/03/2020 09:45

Estimadas familias, informámolas de que se suspenden as clases así como as actividades extraescolares dende o luns 16 de marzo, durante 14 días, para previr a expansión do Coronavirus. Ademais recoméndase non levar aos alumnos/as á clase no día de mañá, venres 13.  Información Coronavirus 

Inicio das actividades lectivas

11/09/2019 09:45

 

As clases no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria darán comezo o vindeiro mércores 11 de setembro no horario habitual de 9:45 a 14:45,excepto o alumnado de 4º de Infantil (3 anos) que seguirá as indicacións dadas para o período de adaptación. Dende ese mesmo día estarán en funcionamento os servizos de transporte e comedor. Xa tedes o menú do mes de setembro publicado no apartado de Comedor Escolar.

 

Benvidos/as ao curso 2019/2020.

abalarMóbil

 Recibe as comunicacións do centro a través da aplicación abalarMóbil. Consulta o manual picando na imaxe. Máis información no seguinte enlace.

Programación de Nadal 2018

17/12/2018 09:45
21/12/2018 15:15

O luns 17 darán comezo as actividades de Nadal con:

Concertos de Nadal para Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria no Salón de Actos

- III Carreira de Mamás e Papás Noeles polo entorno do colexio. O alumnado que queira pode vir caracterizado cun gorro ou barba de Papá Noel, diadema, unha prenda vermella...

O martes 18 e mércores 19:

- Nadal interactivo: o Apalpador (Infantil, 4º,5º e 6º de Primaria).

- Historias de Nadal na biblioteca.

O xoves 20:

- Nadal interactivo: o Apalpador (1º, 2º e 3º de Primaria).

- Teatro de Nadal e Panxoliñas no Salón de Actos.

E venres 21:

- Recepción de Melgasar (Infantil).

- Xandobela Xogos (Primaria).

- Obradoiros de maquillaxe e peiteados.

- Contos.

 - Mesas de Nadal con produtos típicos.

*Lembrarlles que o venres contamos con horario reducido, polo que a saída será ás 14.00. Os autobuses sairán do centro ás 15:15.

BO NADAL!

 

A nosa porta violeta

Hoxe, 23 de novembro, a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro quixo sumarse ás conmemoracións do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres. Nos días previos, o noso alumnado escenificou e gravou a canción "La puerta violeta" de Rozalén. E hoxe, na biblioteca, estreouse a montaxe do video.

Ademais, o alumnado de Infantil xunto co do CRA de Oroso asistiu á representación da obra "Martiña a soñadora" no salón de actos do colexio. Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º asistiu á lectura do manifesto do Concello de Oroso no pavillón, onde alumnos/as e mestres do IES de Oroso cantaron e bailaron "O respecto pa' cando".

 

Máis fotos pinchando nas imaxes.

BENVIDOS AO CURSO 2018/19

Comezamos un novo curso con moitas novidades, pero sobre todo con moita ilusión e ganas de traballar polos nosos nenos/as.

Lembrade que as actividades lectivas comezan o día 12 de setembro no horario habitual de 9:45 a 14:45 e cos servizos de transporte e comedor. Próximamente teredes os menús dispoñibles nesta web.

Lembrar tamén que a reunión coas familias do alumnado de 3 anos será o mércores 5 de setembro ás 10:30.

 Benvidos/as!