ENTREGA DIPLOMAS MEDIACIÓN

Este venres tivo lugar a entrega de diplomas das sesións de mediación levadas a cabo ao longo destes meses. Foi a psicóloga Montse Lata a encargada de facelo e estivo acompañada pola concelleira de educación Beatriz Rodeiro así como polo orientador do centro e a directora.

   

Todo o acto estivo estupendo pero dende logo quedámosnos coa sorpresa que o alumnado participante lle tiña gardada a todos os presentes pero en especial a Montse. Unha breve pero emocionante obra de teatro preparada por eles mesmos onde se reflexaban perfectamente as ensinanzas adquiridas neste tempo. NORABOA CHICAS E CHICOS DO TALLER DE MEDIACIÓN!!! E moitas grazas ao concello por darnos a oportunidade de contar con este programa e como non a Montse polo esforzo que nos dedicou. 

     

Máis fotos!