DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

No día de hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase a morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas. No colexio celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Queremos fomentar no alumnado valores como a tolerancia e o respecto mutuo entre persoas, sexa cal sexa a súa procedencia e a súa forma de pensar. Somos defensores da paz e o entendemento entre as persoas! E para demostralo bailamos no patio o Baile da Paz de Mamá Cabra.  Esta é a danza da esperanza, danza capaz de sementar paz...